O Bloque Nacionalista Galego demandou hoxe na Comisión Informativa de Contratación que o Concello de Vigo realice unha auditoría integral do servizo de bus urbano da cidade. A fronte nacionalista reacciona así á pretensión da concesionaria Vitrasa de aplicar unha rebaixa de preto do 40% dos salarios do persoal e aumentarlles a xornada laboral.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, expresou o rexeitamento “frontal e total” desta medida. “Falamos un servizo municipal, que está xestionado por unha empresa concesionaria en réxime de monopolio, e que o pasado ano recibiu, ademais da recadación de billetes, case 12 millóns de euros de subvención directa do Concello de Vigo en compensación, fundamentalmente, da bonificacións da Pass Vigo. E nos orzamentos municipais para este ano están aprovisionados outros 12,8 millóns", explicou, apuntando que esas transferencias de diñeiro público equivalen practicamente á metade do custo de explotación do servizo.
Igrexas denunciou a demais que Vitrasa, "de maneira reiterada e coa complicidade do Goberno municipal de Abel Caballero", ten aplicado importantes recortes nos servizos que presta. “Neste momento, eses recortes significan un total de 72 frecuencias menos cada día, afectando mesmo a liñas moi importantes como o C3, 4A, 4C, 5A e 5B o que se traduce nun inda máis insuficiente servizo para a veciñanza de Vigo”,afirmou.
Diante desta situación, o BNG solicitou na Comisión Informativa de Contratación, que se realice unha auditoría integral do servizo de autobús urbano por parte do Concello de Vigo para aclarar a situación económico-financeira real da concesión, así como que se exerzan todas as accións administrativas e legais por parte do Goberno municipal para evitar este aberrante descolgue salarial.
“Queremos saber ademais, se Vitrasa estivo transferindo cantidades, como préstamos o outros conceptos, a outras empresas do Grupo Avanza, ou se está facendo enxeñería contábel, anticipando as amortizacións, para crear artificialmente esas perdas”, detallou o portavoz municipal nacionalista.
“Non podemos permitir que nun servizo municipal, financiado ademais nunha parte moi importante con recursos do propio Concello, a empresa concesionaria pretenda empobrecer nun 40% os salarios do seu persoal”, remachou Igrexas que esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que "deixe de aliñarse con complicidade coa empresa e defenda os intereses xerais da cidade".
El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras
La vicepresidenta de la Diputación de Pontevedra insta a Caballero a encontrar vías de colaboración para que Vigo acoja el Mundial 2030
Vigo celebrará un pleno extraordinario por el caso Saltamontes el 19 de junio. La oposición critica que Caballero no comparecerá
El Códice Calixtino protagonizó uno de los robos más llamativos de la historia de Galicia. Ahora, el papa León XIV recibirá la primera edición facsímil
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL