• Cierre parques Vigo
  • Encendido Navidad Vigo
  • Bono Comercio Galicia
  • Magosto Vigo
  • Fiesta Vigo
  • Concierto Vigo
  • Magia en Vigo
  • Circo Nadal
  • Pueblo mágico Galicia
  • Ruta senderismo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG de Vigo presenta 138 alternativas aos orzamentos “máis do mesmo” de Caballero para 2024

O BNG de Vigo presenta 138 alternativas aos orzamentos “máis do mesmo” de Caballero para 2024
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/11/2023

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo presenta 138 alternativas aos orzamentos “máis do mesmo” de Abel Caballero para 2024, que supoñen modificar o proxecto do Goberno municipal por un importe superior aos 19 millóns de euros. A fronte nacionalista vén de formular unha ampla batería de emendas parciais, que recollen demandas do tecido asociativo e da veciñanza, fronte a un Goberno local que “non ten nada máis que ofrecerlle á cidade” e fronte á emenda de devolución do PP.

“O BNG propoñemos unha mudanza en positivo para que o diñeiro das viguesas e dos vigueses se destine a atender as necesidades reais e a rematar co abandono dos nosos barrios e parroquias”, defendeu o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que considerou estas propostas como unha demostración de que hai alternativa política á “inercia e políticas aparenciais” do Goberno de Abel Caballero.

Másnoticias

Vigo no se libra del fuerte temporal que deja intensas lluvias en toda Galicia

La Xunta anuncia restricciones en Vigo al decretar la alerta naranja por lluvias

04/11/2025
Vuelve a Vigo el festival del humor con Ignatius, Touriñán, Luz Casal y más caras conocidas

Estos son los rostros conocidos que pasarán por Vigo estos días en el Hematofesti

04/11/2025

Igrexas puxo en valor que as 138 emendas do Bloque son “con certeza” o maior número de modificacións formuladas a uns orzamentos municipais en Vigo. Unhas emendas que, destacou, non son apenas as da fronte nacionalista. “Fronte a un Goberno instalado na xordeira autoritaria, o BNG exercemos con estas emendas como un medio para a participación, para lograr que a opinión da veciñanza e dos colectivos sexa escoitada”.

O portavoz nacionalista explicou que as propostas articúlanse sobre 8 grandes eixos: avanzar cara a unha cidade igualitaria e socialmente xusta, que atenda como merecen os seus barrios e parroquias, con máis e mellores servizos públicos, unha cidade moito máis verde e sustentábel, con máis cultura e deporte, e que ofreza alternativas para a mocidade. “Estas emendas son a expresión en cifras dunha alternativa política que quere dar resposta as moitas viguesas e vigueses que saben e senten que Vigo merece máis”, salientou.

Emerxencia social

Dende a fronte nacionalista valoraron como prioritario reforzar as partidas fronte á “emerxencia social” que padece a cidade, convertendo o Concello nun “grande parapeto”, e dando alternativas ao grave problema de acceso á vivenda. Entre outras medidas, o BNG propón duplicar as axudas sociais municipais, revertendo o recorte de case o 50% aplicado nos últimos 4 anos. No relativo á vivenda, demanda a posta en marcha dun Plan Municipal de axuda ao alugueiro, a creación da Axencia Local de Vivenda Protexida e Social e un Programa que ofreza alternativas habitacionais dignas para persoas en situación de vulnerabilidade social, como as afectadas polos desaloxos da rúa Afonso X e Fisterra. No capítulo laboral, pide triplicar os recursos do Plan de Emprego Municipal.

Fronte ao abandono dos barrios e parroquias

Igrexas defendeu a necesidade de que o Concello de Vigo atenda o conxunto da cidade rematando co “abandono” dos barrios e parroquias. Nesa liña, chamou a multiplicar por 5 a partida destinada ao Plan de beirarrúas, xunto a outras actuacións puntuais trasladadas polo movemento veciñal. Ademais, reiterou a proposta de poñer en marcha un programa piloto de Orzamentos Participativos para que a veciñanza e o tecido asociativo definan a que se destinan os recursos.

Máis servizos públicos

Dende o Bloque consideran tamén “fundamental” alargar os servizos públicos municipais fronte a un Goberno “campión das privatizacións” e apostar pola súa descentralización. Nese sentido, propoñen crear tres novas escolas infantís no Calvario, Balaídos e Teis, así como construís dous novos centros cívicos no Calvario e Navia. Co obxectivo de que deixen de ser “negocio para grandes compañías privadas”, as nacionalistas defenden a creación dunha empresa pública municipal de servizos e iniciar un estudo para o rescate das concesións, en particular do transporte urbano e do abastecemento de auga.
Concello radicalmente feminista

Outro dos eixos emendados polo BNG quere dar resposta ao mandato do movemento feminista esixindo “máis recursos e menos discursos” das administracións. “Queremos un Concello radicalmente feminista nos feitos e non apenas nas declaracións ou nos xestos”, demandou o portavoz nacionalista. Chamou así a aumentar a partida diante da “infamia” de que o Goberno municipal destine un ano máis a campañas contra a violencia machista a “cifra insultante” de 3 mil euros. Na mesma liña, defendeu duplicar os recursos do Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades, a posta en marcha dun Programa de apoio a mulleres vítimas de violencia machista, a construción de 2 novos Centros de Información ás Mulleres en Coia e Teis e despregar un Plan Municipal de Apoio aos Coidados.

Reverter a desertización cultural

No relativo á cultura, Igrexas urxiu reverter as políticas de “desertización” dos últimos anos duplicando os recursos para a programación do Auditorio Municipal, impulsando decididamente a Rede Museística da cidade e con programacións estábeis e diversificadas apoiando expresamente aos grupos locais e cunha oferta “atractiva” para a mocidade. Entre as iniciativas, subliñou a realización dunha Feira das Artes Plásticas e Visuais, a organización dunha Mostra Atlántica de Danza e Circo, a dinamización “desde o orgullo” da nosa música e baile tradicional e converter Vigo na “capital galega do libro” cunha Semana da Literatura. Destacou a proposta do Bloque para transformar a antiga e abandonada fábrica de pinturas na grande “Fábrica Cultural de Teis” para poñer 2 mil metros cadrados ao servizo da creación artística. Así mesmo, considerou “vital” reiniciar o proxecto para que a cidade conte cunha Rede Municipal de Bibliotecas en todos os barrios, principiando con 4 novas dotacións en Valadares, Coia, Navia e Lavadores, ademais de garantir a prometida biblioteca para Teis.

Unha cidade sustentábel e habitábel

Como sexto eixo, o voceiro do BNG chamou a avanzar cara a unha mobilidade sustentábel que faga a cidade máis habitábel. Nese camiño, valorou como necesario facer gratuíto o autobús urbano para todas as persoas en situación de desemprego e aplicar medidas para a mellora da mobilidade, nomeadamente do transporte colectivo e coa implantación aparcadoiros disuasorios, entre outras propostas.

Vigo moito máis verde

Conectado co punto anterior, dende a fronte nacionalista consideran “urxente” un Vigo “moito máis verde” cun Plan Municipal de resposta á Emerxencia Climática, cun programa de axudas para a protección e valorización dos nosos montes, cunha nova senda litoral en Saiáns, un programa de protección do Lagares ou máis recursos para a recuperación de zonas verdes. Diante da crecente sensibilidade social polo benestar animal, reiterou a necesidade de deixar atrás o modelo “exhibicionista e maltratador” de VigoZoo para transformalo nun centro de recuperación e protección da fauna na liña da estratexia Zoo XXI. Tamén no relativo ao refuxio de cans da Madroa, propuxo aumentar os medios para atender as eivas que presenta.

Acabar co castigo ao deporte e á mocidade

Para o BNG outros dos asuntos prioritarios pasa por acabar coas políticas de “brutal castigo e abandono” contra o deporte e contra a mocidade viguesa. Fronte ao “desmantelamento” nos últimos anos de boa parte das políticas xuvenís, o portavoz nacionalista demandou a recuperación dos programas de dinamización como o Súbete ó Castro, o Punto Xove e a Casa da Xuventude. No ámbito deportivo, propuxo incrementar as partidas para a mellora das instalacións deportivas municipais, diante do mal estado de moitas delas, e tamén máis recursos para as Escolas deportivas e as subvencións aos clubs.

Temas: BNGVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo no se libra del fuerte temporal que deja intensas lluvias en toda Galicia
Enfoque

La Xunta anuncia restricciones en Vigo al decretar la alerta naranja por lluvias

La Xunta ha establecido algunas restricciones ante la alerta naranja por fuertes lluvias en diferentes puntos de la provincia, incluido Vigo

PorMiguel Alonso
04/11/2025
Estos son los ocho municipios que optan a ser el próximo "pueblo mágico" de Galicia
Enfoque

Estos son los ocho municipios que optan a ser el próximo "pueblo mágico" de Galicia

Ocho concellos diferentes aspiran a convertirse en el "Pueblo Mágico" de Galicia 2026. Dos son de la provincia de Pontevedra

PorIván Dacal
04/11/2025
Abre el plazo para usar el Bono Comercio 2024 de la Xunta, que premiará a los más rápidos
Enfoque

Abre el plazo para descargar el Bono Activa Comercio en Galicia, aquí los descuentos y cómo usarlo

¿Quieres usar el nuevo Bono Activa Comercio de Galicia? Consulta aquí los descuentos que ofrece, cómo solicitarlo y cómo usarlo

PorIván Dacal
04/11/2025
Nuevo récord de vehículos en Vigo y Caballero da por bueno el dispositivo de tráfico en el centro de la ciudad
Enfoque

Exigen al Concello un plan de tráfico para la Navidad de Vigo y crear aparcamientos disuasorios

El BNG de Vigo pide a Abel Caballero un "real" plan de tráfico ante el cierre de carriles en algunas calles ya en el centro de la ciudad

PorPaula Carballo
04/11/2025
Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados
Enfoque

Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

PorMetropolitano
31/10/2025

409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X