• Navidad O Porriño
  • Navidad Vialia
  • Belén Monumental Vigo
  • NadalBus Vigo
  • Chocolate con churros Vigo
  • Mercado Nigrán
  • París de Noia
  • Galería Encendido Vigo
  • Nieve Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG de Vigo propón axudas directas, microcréditos sen xuros e bonificacións a autónomos e PEMEs

O BNG de Vigo propón axudas directas, microcréditos sen xuros e bonificacións a autónomos e PEMEs

Mercado de Teis // Archivo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/04/2020
Mercado de Teis // Archivo

Na perspectiva de que unha vez superada a emerxencia sanitaria do coronavirus a cidade de Vigo enfrontará unha situación moi complexa en termos económicos, produtivos e laborais, o Bloque Nacionalista Galego vén de propoñer que o Concello de Vigo poña en marcha unha Estratexia de Promoción Económica e do Emprego.

“Temos que evitar que as consecuencias da crise do coronavirus se traduzan na destrución de emprego, no feche do tecido comercial ou na desertización da nosa base produtiva”, reivindicou o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas. Nese sentido, chamou a “redobrar esforzos,  poñendo todos os medios e activar todas as capacidades que ten o Concello para asegurar que unha vez que superemos a crise sanitaria as consecuencias laborais, produtivas e económicas sexan as menores e esteamos en condicións dunha recuperación rápida e sólida”, acrecentou.

Másnoticias

Óscar Puente confirma que el Gobierno no implantará peajes por el uso de las autovías

El Eixo Atlántico pide explicaciones al Gobierno sobre el "retraso" del tramo ferroviario Vigo-O Porriño

17/11/2025
Mercadona ultima su próxima apertura en Vigo, así luce su nuevo supermercado en la ciudad

El segundo Mercadona de la historia de Vigo cierra sus puertas y se traslada a una nueva ubicación

17/11/2025

Sobre ese obxectivo, a fronte nacionalista propón unha serie de medidas concretas entre as que inclúen redimensionar os programas do actual Plan Municipal de Emprego duplicando a súa dotación orzamentaria.

Para facilitar a liquidez necesaria que permita o reinicio da actividade comercial e das PEMEs da cidade, defenden a creación dunha liña de axudas directas, por importe de até 1.500 euros, para autónomos, sector comercial e pequena e mediana empresa. Ademais, suxiren que o Concello promova, a través do convenio con algunha entidade financeira, a creación dunha liña de microcréditos municipais para o pequeno comercio que forneza de préstamos sen xuros de até 5.000 euros, a devolver nos próximos cinco anos.

Outra das medidas que propoñen é a modificación das ordenanzas fiscais municipais para  habilitar, con carácter extraordinarios, bonificacións e o pago aprazado sen recargo no ano natural en impostos e taxas como o IBI, o recibo da auga ou a recollida do lixo para PEMEs e autónomos.

O portavoz do BNG chamou tamén a acordar, a través da Mesa Local do Comercio e coa participación das asociacións de comerciantes, as medidas necesarias para a promoción do consumo no comercio local. “É claro que o pequeno comercio é quen máis se vai resentir desta crise, e desde o BNG apostamos por fortalecelo”, explicou Pérez Igrexas, subliñando que é ese tecido comercial de proximidade “o que vertebra a cidade, dinamiza os barrios e parroquias e crea emprego estábel”.

Por último, as nacionalistas sosteñen que é fundamental despregar un plan de continxencia específico para a protección do tecido e da industria culturais da cidade, contando co participación dos colectivos e axentes culturais co obxectivo de garantir a continuidade da actividade cultural na cidade. “Para Vigo a cultura é unha actividade estratéxica e na que temos un enorme potencial. Non podemos abandonala”, xustificou Igrexas.

Temas: Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Óscar Puente confirma que el Gobierno no implantará peajes por el uso de las autovías
Enfoque

El Eixo Atlántico pide explicaciones al Gobierno sobre el "retraso" del tramo ferroviario Vigo-O Porriño

Eixo Atlántico quiere abordar con Óscar Puente los proyectos ferroviarios de Galicia. Pide explicaciones sobre el tramo Vigo-O Porriño

PorMetropolitano
17/11/2025
Mercadona ultima su próxima apertura en Vigo, así luce su nuevo supermercado en la ciudad
Enfoque

El segundo Mercadona de la historia de Vigo cierra sus puertas y se traslada a una nueva ubicación

Mercadona estrena nueva etapa en Vigo este 17 de noviembre: la cadena de supermercados cierra el de Aragón y abre en García Barbón

PorCarlos I. Castrillón
17/11/2025
Obramat abrirá dos nuevos grandes almacenes en Galicia y busca empleados
Enfoque

Obramat abrirá dos nuevos grandes almacenes en Galicia y busca empleados

Galicia estrenará dos nuevos grandes almacenes de Obramat. Esta marca, referente en materiales de obra y reformas, busca empleados

PorMetropolitanoy1 Otros
17/11/2025
Un conductor de ambulancia en O Porriño triplica la tasa de alcohol y se da a la fuga
Enfoque

Tres personas resultan heridas tras salirse de la carretera con el coche en Tomiño

Aparatoso accidente de madrugada en Tomiño. Tres personas resultaron heridas tras caer por un terraplén, uno de ellos quedó atrapado

PorEuropa Press
17/11/2025
Las tres universidades gallegas, Educación y Sanidade avalan el acuerdo para descentralizar Medicina
Enfoque

Las tres universidades gallegas, Educación y Sanidade avalan el acuerdo para descentralizar Medicina

PorEuropa Press
15/11/2025

Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X