O Bloque Nacionalista Galego vén de propoñer ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a convocatoria do Debate sobre o Estado da Cidade. A fronte nacionalista vén de anunciar o rexistro formal desta proposta ante a “permanente devaluación” dos Plenos municipais por parte do rexedor, que se ausenta de maneira reiterada das sesións aos poucos minutos de comezar, e para que a veciñanza da cidade teña oportunidade de contrastar as distintas alternativas políticas a un ano das vindeiras eleccións locais.
“É unha cuestión esencial porque en democracia o contraste é imprescindíbel”, afirmou en rolda de prensa o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que subliñou que “as viguesas e os vigueses teñen dereito” a coñecer as diferentes posicións sobre a situación da cidade das catro forzas políticas que conforman a Corporación municipal. “Porque o BNG si que temos un proxecto de cidade sólido e solvente, construído sobre propostas concretas e cun afán construtivo”, apuntou.
O edil nacionalista pediu a Caballero que teña a “valentía” de convocar este Debate e abandone así o seu “cómodo refuxio no monólogo”. Igrexas cualificou de “falla de respecto á cidade” e dunha “mostra máis do talante autoritario” as continuas ausencias do alcalde no Pleno cando se debaten as mocións dos grupos da oposición. “Abel Caballero e o PSOE nunca quixeron debater co BNG nin con outras forzas políticas, nin no Concello nin nos debates organizados por medios de comunicación”, criticou.
Neste sentido, o concelleiro do Bloque lamentou que o Debate sobre o Estado da Cidade non se teña celebrado nunca en Vigo, malia estar contemplado no regulamento orgánico do Pleno e a diferenza doutras cidades galegas e do Estado onde xa é unha realidade normalizada. “Só cabe agardar que o Goberno municipal de Vigo teña o respecto democrático de acceder a este Debate para evidenciar a pluralidade que existe en Vigo pero que Abel Caballero non recoñece, porque confunde a súa lexítima maioría absoluta coa totalidade”, reclamou.
Igrexas chamou a un Debate sobre o Estado da cidade “real”, polo que solicitou que sexa convocado para facilitar a presenza do maior número de veciñas e veciños de Vigo e con tempos equitativos para todas as forzas políticas. Así, propuxo celebrar a sesión un sábado pola mañá ou a partir das 20:00 horas nos días laborábeis no Auditorio Municipal, de igual forma que o Pleno de constitución da Corporación. Ademais, pediu tempos de intervención de mínimo 10 minutos e con dúas quendas para permitir as réplicas. “Para que o Debate non sexa unha sucesión de monólogos e para que haxa contraste, para que as viguesas e os vigueses poidan comprobar as diferentes maneiras de entender a cidade e de dar resposta ás súas necesidades”, explicou o edil da fronte nacionalista.
Un tubería rota dejó la Praza da Independencia como una piscina de agua. Los vecinos de dos bloques de viviendas en Vigo se quedaron sin suministro
Así es este vanguardista hotel de 3 estrellas que se encuentra a la venta en Galicia. Una joya arquitectónica en la costa atlántica
Chefs como Berasategui, Lucía Freitas, Dabiz Muñoz o Pepe Solla han elegido las mejores aperturas del año. Hay 3 restaurantes de Galicia entre ellos
El Concello de Vigo ha aprobado nuevas intervenciones para "renaturalizar" Bouzas. Así es el proyecto para avanzar en la transformación del barrio
O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL