• Nueva plaza en Vigo
  • Navidad Vigo Vialia
  • Mister España Redondela
  • Escape room Samaín
  • Aparcamiento gratis Porriño
  • Navidad Vigo
  • Voando nas Rías Baixas
  • Navidad Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG de Vigo solicita que o Concello expediente a Vitrasa "polas irregularidades no servizo"

Guía del concierto de Muse en Vigo | Playlist, plan de tráfico, accesos y comida permitida

Imagen de Archivo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
21/12/2021

O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar a apertura dun expediente sancionador contra Vitrasa diante dos graves incumprimentos e irregularidades no servizo de bus urbano de Vigo. A fronte nacionalista reclama que o Goberno municipal tome medidas polos recortes de liñas aplicado unilateralmente pola empresa aproveitando a folga, así como polos servizos mínimos, que foron declarados xudicialmente como ilegais por abusivos, o incumprimento dos tempos de descanso do persoal condutor e a existencia de contratos laborais irregulares. Así o anunciou publicamente o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após manter un encontro este martes co Comité de Empresa da concesionaria.

“Esiximos que o goberno de Abel Caballero pase da complicidade con Vitrasa a se colocar do lado da cidade e atender as lexítimas e razoábeis reivindicacións do persoal”, manifestou en rolda de prensa Igrexas, que reiterou a solicitude de que o Concello convoque unha reunión entre a dirección da empresa e a representación sindical para procurar unha saída acordada que, opinión do Bloque, só “pode pasar porque Vitrasa rectifique e respecte as demandas do persoal”.

Másnoticias

La Policía investiga qué hay detrás del buque cargado de droga que se dirigía a Vigo

La Policía investiga qué hay detrás del buque cargado de droga que se dirigía a Vigo

27/10/2025
Vigo ya tiene su tradicional show de Halloween con la 'cover' más viral

Vigo ya tiene su tradicional show de Halloween con la 'cover' más viral

27/10/2025

Igrexas criticou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, se negue a recibir o Comité de Empresa e se “esconda de maneira covarde” cando “presume de que fala todo o tempo con todo o mundo”. O concelleiro nacionalista recordou que este non é un conflito privado, como defende o rexedor, ao falarmos dun servizo de titularidade municipal no que cada ano o Concello inxecta 13 millóns de euros das viguesas e vigueses para bonificar as tarifas.

Recortes e suspensión de liñas

O portavoz do BNG de Vigo denunciou os recortes e a suspensión de liñas que a concesionaria está a realizar aproveitando o conflito laboral, que acumula xa 15 xornadas de folga que se suman aos paros realizados en agosto e outubro. Segundo datos facilitados pola representación sindical durante o encontro, Vitrasa acortou os percorridos das liñas 7, 8, 9A e 10, así como a suspensión das liñas C2 e 24. Decisións que prexudican gravemente á veciñanza, nomeadamente dos barrios e parroquias.

“Non sabemos se estes recortes, que deixan a moitas viguesas e vigueses sen servizo de bus urbano, contan ou non con autorización municipal, pero desde logo están inxustificados”, valorou Igrexas. O concelleiro da fronte nacionalista volveu subliñar a “grave vulneración dos dereitos das traballadoras e traballadores” por parte do Goberno municipal por insistir nos actuais servizos mínimos, malia ter sido declarados pola xustiza como ilegais por abusivos.

Aliás, o Comité de Empresa sinalou as contratacións ilegais que a dirección de Vitrasa ten realizado durante este período para “reventar” o dereito fundamental de folga. “Uns incumprimentos que son de coñecemento claro por parte do goberno de Abel Caballero e fronte aos que non ten adoptado até o momento ningunha medida”, asegurou o portavoz das nacionalistas na cidade.

“Necesitamos que o Concello medie porque o conflito ten que solucionarse. A empresa está moi cómoda sen dar pasos e a única alternativa que temos é que actúe o alcalde de Vigo”, dixo pola súa parte o presidente do Comité de Empresa, Imanol Arnoso, dado que a dirección de Vitrasa, aclarou, non contacta coa representanción sindical desde hai máis de dez días.

Descansos insuficientes

A representación sindical de Vitrasa reiterou o incumprimento continuado dos descansos fixados por lei durante as xornadas laborais. Igrexas censurou que non se respecten estas pausas e que se computen os minutos que o autobús para no inicio de cada liña. Unha situación que afecta tanto a saúde laboral do persoal coma a seguridade das propias persoas usuarias do servizo. “Falamos do descanso de persoas que conducen autobuses que van cheos de xente con xornadas de como mínimo 10 horas ao día”, explicou. “Sorprende que un goberno que se di progresista, liderado por unha forza que leva a palabra obreiro nas súas siglas e que está integrado por dúas persoas que foron secretarios comarcais de dous sindicatos, actúe deste xeito diante das esixencias do persoal de Vitrasa”, remachou o edil do BNG.

Temas: transporte urbanoVigoVitrasa
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La Policía investiga qué hay detrás del buque cargado de droga que se dirigía a Vigo
Enfoque

La Policía investiga qué hay detrás del buque cargado de droga que se dirigía a Vigo

Policía busca atacar la estructura económica tras interceptar un mercante con 4.000 kilos de cocaína con destino Vigo. Así ha sido la operación

PorEuropa Press
27/10/2025
Vigo ya tiene su tradicional show de Halloween con la 'cover' más viral
Enfoque

Vigo ya tiene su tradicional show de Halloween con la 'cover' más viral

Los vigueses Broken Peach se vuelven virales de nuevo por Halloween. Así es su nueva 'cover' que mezcla temas míticos del rock internacional

PorMetropolitano
27/10/2025
Convocada huelga general del sector de la construcción en Galicia
Enfoque

Convocada huelga general del sector de la construcción en Galicia

Denuncia la "gran cantidad de horas extras" en el sector, muchas de las cuales "no se pagan" y que superan "todos los límites legales"

PorEuropa Press
27/10/2025
Enfoque

Vigo busca repartir 6,5 toneladas de caramelos en la Cabalgata de Reyes por 32.700€

El Concello de Vigo quiere que la Cabalgata de Reyes de esta Navidad cuente con una auténtica lluvia de caramelos

PorÁngel Vila
27/10/2025
A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú
Enfoque

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025

A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X