• Pista de hielo Vigo
  • Tiendas en Vigo
  • Dónde comer en Vigo
  • Lola y Lia Nigran
  • Pablo López Vigo
  • Controles tráfico Galicia
  • Navidad Ribadavia
  • Camareros Vigo
  • Barrios de Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG de Vigo tacha de ‘copia e pega’ os orzamentos municipais para 2022

Pérez Igrexas: "Caballero debe escoller entre defender Vigo ou ser o fontaneiro de Moncloa na FEMP"
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
04/11/2021

O Bloque Nacionalista Galego rexeitou este xoves o proxecto de orzamentos de Vigo para 2022, que o Goberno municipal vén de aprobar. A fronte nacionalista tachou as contas anunciadas polo alcalde, Abel Caballero, de “copia e pega” e criticou que se teñan elaborado sen contar co resto de forzas políticas nin co tecido asociativo e os movementos sociais da cidade.

“Estas contas insisten en máis do mesmo, con partidas que xa estaban incorporadas non só nos orzamentos en vigor de 2021, senón tamén en presupostos anteriores que non foron executados”, denunciou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que considerou que ademais ignoran o actual contexto “como se Vigo non estivese a enfrontar os gravísimos efectos a nivel social, laboral, produtivo e comercial da crise derivada da pandemia da Covid-19”. Igrexas criticou que os orzamentos se teñan redactado outra vez sen diálogo. “O Goberno municipal volver elaborar unhas contas en réxime de monólogo, sen escoitar a ninguén, sen máis opinión que a do grupo municipal socialista”, salientou o portavoz municipal da fronte nacionalista.

Másnoticias

El Sergas defiende que "garantiza el derecho" a la irrupción voluntaria del embarazo en Galicia

Denuncian la "situación dramática" de la sanidad gallega y exige al PP "una rectificación de 180º"

23/11/2025
El delirante currículum que recibió un asador de Vigo: "Cocino cualquier cosa, hasta carne humana"

Vigo buscará al mejor camarero o camarera con un concurso inédito

23/11/2025

Por estes motivos, desde o BNG veñen de iniciar unha rolda de contactos coas asociacións veciñais para preparar unha batería de emendas aos orzamentos municipais de 2022 que, en opinión das nacionalistas, deben responder ás necesidades reais das viguesas e vigueses e dos barrios e parroquias e non a “esa visión caprichosa de Caballero que reduce a política municipal a puro fasto, a política aparencial de propaganda”.

O concelleiro do BNG afeou as declaración do alcalde de Vigo onde cualificaba estas contas como as máis elevadas da historia da cidade. Igrexas recordou que o actual orzamento para 2021 ascende a 362 millóns de euros, fronte os 285 millóns que prevé para o próximo exercicio. Censurou tamén que se presenten como uns presupostos sociais, cando en Vigo hai a día de hoxe máis de 60.000 persoas en risco de exclusión social e pobreza,

“A política social é moito máis que números nun papel, ten que ser de feitos, non só de cifras. E neste sentido queremos denunciar que nun contexto de gravísima crise social, con centenas de familias traballadoras facendo cola para recolleren alimentos, o goberno de Abel Caballero non gastou nin un só euro da partida ridícula de 560.000 euros para axudas de alimentación e vivenda”, subliñou o portavoz da fronte nacionalista.

Na mesma liña, Igrexas sinalou que a finais de setembro deste ano só catro de cada dez euros do actual orzamento foron executados. “Este 2021 volveu demostrar que Vigo ten un goberno soportado nunha maioría tan absoluta como absolutamente inútil á hora de executar os seus orzamentos”, dixo Igrexas, que engadiu que o actual Goberno municipal só levou adiante o 15% dos investimentos, con 34 proxectos de humanización anunciados reiteradamente sen iniciar.

A fronte nacionalista anunciou o seu compromiso para que as contas municipais prioricen as políticas sociais e de emprego, revertan a situación de desertización cultural, despreguen políticas realmente feministas, avancen na sustentabilidade ambiental, aposten pola promoción da práctica deportiva e blinden os servizos públicos que presta o Concello de Vigo.

Temas: BNGVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El Sergas defiende que "garantiza el derecho" a la irrupción voluntaria del embarazo en Galicia
Enfoque

Denuncian la "situación dramática" de la sanidad gallega y exige al PP "una rectificación de 180º"

El BNG censura que el PPdeG provoca que Galicia sea "la segunda comunidad del Estado donde menos invierte en Atención Primaria"

PorCarlos I. Castrillón
23/11/2025
¿Cuáles son los mayores problemas de Vigo? Esto es lo que dice el sondeo hecho en la ciudad
Enfoque

La marca que arrasa con sus prendas "para no planchar" ultima su llegada a Vigo con ofertas al 20%

La milla de oro de Vigo avanza en su transformación con la próxima apertura de esta tienda que destaca por su ropa que no requiere plancha

PorPaula Carballo
23/11/2025
Redondela, feliz por el adiós del paso a nivel de Cesantes y el futuro apeadero de Chapela
Enfoque

Redondela, feliz por el adiós del paso a nivel de Cesantes y el futuro apeadero de Chapela

La alcaldesa Digna Rivas agradece el compromiso del Gobierno para cumplir una de las históricas reivindicaciones de Redondela

PorCarlos I. Castrillón
23/11/2025
Los vecinos de Vigo que están hartos de que esta calle del barrio de Teis sea un foco de orines y suciedad
Enfoque

Los vecinos de Vigo que están hartos de que esta calle del barrio de Teis sea un foco de orines y suciedad

El PP de Vigo se une a las demandas de estos vecinos de Teis y reclaman al gobierno vigués que atienda esta zona de Doctor Corbal

PorUxía Pérez
23/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X