O Bloque Nacionalista Galego expresou estee mércores a súa discrepancia ante a “renuncia” do Goberno municipal de Vigo, recollida na proposta de novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), de actuar para mobilizar a vivenda desocupada na cidade. Propoñen que o Concello de Vigo subscriba convenios coa Sareb e bancos privados para artellar un parque municipal de vivenda de alugueiro.
O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, advertiu que “a vivenda é un problema social en Vigo” o que está a provocar que moitas familias traballadoras e a mocidade non poidan optar a este ben esencial na cidade. Neste sentido, apuntou que o custo medio dos alugueiros sitúase en 700 euros mensuais e citou varios estudos e informes que recollen que os prezos incrementáronse por volta dun 30% nos últimos cinco anos. “O BNG temos que criticar a nula política de vivenda despregada na nosa cidade tanto pola Xunta do PP como polo Goberno municipal de Abel Caballero”, afirmou.
Igrexas asegurou non “poder compartir” a renuncia a mobilizar a vivenda desocupada existente na cidade. “En Vigo hai, arestora, máis de 18.500 pisos baleiros, na súa meirande parte propiedade de grandes grupos financeiros, da Sareb e de bancos privados que foron rescatadas con diñeiro público”, explicou, lembrando que son máis de 5.000 as familias viguesas que están rexistradas como demandantes de vivenda protexida.
Desde a fronte nacionalista volveron reiterar a súa proposta de que o Concello de Vigo poña en marcha unha verdadeira política de vivenda, con medidas concretas, como promover a sinatura de convenios coa Sareb e os bancos para dispoñibilizar a prezos accesíbeis e constituír un parque municipal de vivenda en alugueiro.
“Non abonda con grandes titulares. Lembramos como en 2007 Abel Caballero prometía construír 6.000 vivendas protexidas en catro anos e en 14 non fixo ningunha. É momento de medidas reais e urxentes que permitan poñer fin á expulsión de moitas familias traballadoras que non pode permitirse, literalmente, pagar o prezo da vivenda en Vigo”, remachou Igrexas.
El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía
Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad
El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"
El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL