O Bloque Nacionalista Galego pide retirar dunha vez os adornos de Nadal pendurados da centenaria araucaria da Alameda de Vigo. A fronte nacionalista reitera a esixencia de retirar o alumeado desta árbore singular, cinco meses despois do remate das festas, e pregunta ao alcalde se hai que acudir ao Seprona para facer cumprir a normativa medioambiental.
“É unha situación delirante que non se pode deber a unha neglixencia na xestión, non hai un goberno tan incompetente que explique que a día 30 de maio continúen penduradas da araucaria as luces do Nadal anterior”, criticou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que achacou esta situación a algunha “clase de fobia ou odio irracional contra as árbores” por parte do rexedor de Vigo, Abel Caballero.
“Ten que existir algún motivo oculto para cebarse contra un exemplar singular e catalogado nuns xardíns que están declarados como Ben de Interese Cultural e, polo tanto, gozan de protección integral”, salientou Igrexas, que lembrou que “nunca se debeu ter instalado o alumeado na árbore” porque vulnera de maneira evidente a ordenanza de Medio Ambiente.
O edil nacionalista reiterou así a esixencia realizada nos pasados meses desde o BNG para poñer fin a “este disparate” de manter os adornos na Alameda. Recordou que foi tras unha denuncia do Bloque a finais de marzo cando se procedeu á retirada das estruturas de madeira do mercado de Nadal, non así das luces colgadas da araucaria.
Dos emprendimientos de Vigo se unen en este nuevo local que se presenta como "templo del té". Contará con mucha variedad y 'cookies' propias
La Xunta lanza las ayudas para sacar los carnés de conducir B y A2. Esta es la cuantía, el plazo para solicitarla y cómo
El PP de Vigo critica el cine de verano diseñado por la Concellería de Cultura y pide que las proyecciones sean en el Auditorio de Castrelos
Bomberos, Policía Local y Urxencias Sanitarias se despliegan en el centro de Vigo por un rescate. Una persona se ha precipitado por el patio de luces
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL