O Bloque Nacionalista Galego demanda a fábrica de baterías en Vigo como “irrenunciábel” para evitar que o sector da automoción quede “fóra de xogo”. Así o defenderon este mércores a deputada do BNG no Parlamento galego, Carmela González, e o portavoz municipal en Vigo, Xabier P. Igrexas, que urxiron medidas da Xunta de Galicia que garantan o futuro do sector ante a "perda de miles de empregos industriais na cidade dende a chegada do PP ao Goberno galego".
“A decisión de Stellantis de levar para Zaragoza a súa planta de baterías é un novo golpe á industria do automóbil na área de Vigo que de novo fai saltar todas as alarmas”, advertiu González, que anunciou iniciativas no Parlamento galego para reclamar a posta en marcha dun Plan Galego pola Automoción, que promova a instalación de novos actores e actividades industriais que rachen coa excesiva dependencia actual dun único gran fabricante.
González lamentou que o Goberno do PP permaneza de “brazos cruzados” ante esta decisión. “A Rueda só lle interesa como tema de confrontación co Goberno español mentres Galiza vai quedando atrás na transformación do modelo produtivo cara o coche eléctrico”, criticou a deputada nacionalista, quen chamou ao presidente a escoitar a “crecente preocupación” do empresariado e das organización sindicais sobre o futuro do sector en Vigo.
Dende o Bloque lembraron que esta “inacción” da Xunta, malia ter as competencias na materia, provocou a destrución de 6.100 empregos industriais dende a chegada do PP hai 14 anos. “Debe ser o Goberno galego quen lidere a posta en marcha dun plan industrial que apuntale o sector da automoción, como están facendo os seus homólogos en Euskadi, Aragón, Valencia ou Extremadura”, remachou González.
Na mesma liña, o portavoz municipal do BNG defendeu como “irrenunciábel” que Vigo conte cunha fábrica de baterías diante dos retos da transición enerxética e da ameaza da deslocalización produtiva. Igrexas asegurou que a cidade non pode permitirse quedar “fóra de xogo” neste cambio de modelo nunha actividade “estratéxica e tractora da economía” con 15 mil empregos na área viguesa.
“Estamos fartas e cansas da política bluf do Goberno do PP, que acaba reducida a anuncios que quedan en nada”, cuestionou o voceiro nacionalista, en relación a operacións frustradas como a instalación dunha factoría de Mitsubishi na Plisan, do proxecto da empresa chinesa BYD ou a “mil veces anunciada” fábrica de fotóns por parte de Zona Franca e do alcalde de Vigo.
El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía
Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad
El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"
El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL