O Bloque Nacionalista Galego vén de "esixir" ao Partido Popular que deixe de "xogar coas institucións" de Vigo como os seus “pendellos para apoltronar cargos”. Así de taxante se mostrou este mércores a formación nacionalista para censurar que os populares utilicen a Autoridade Portuaria e a Delegación da Xunta como “unha especie de senados locais nos que ter en reserva, con importantes retribucións, os seus cadros fracasados”.
O futuro portavoz do grupo municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, considera “indecente” o baile de nomes no PP para ocupar estes postos. Nese sentido, interpelou á candidata do PP, Marta Fernández-Tapias, para que aclare se vai tomar posesión da súa acta como concelleira ou, pola contra, se vai “atrincheirar” na Delegación da Xunta ou nalgunha Secretaría Xeral.
“En termos democráticos sería inxustificábel que por segunda vez a cabeza de lista do PP na cidade fuxa do seu desempeño na oposición para se garantir un mellor postiño”, advertiu Igrexas, que asegurou que esta decisión suporía unha “nova estafa” ao seu propio electorado. “O Concello de Vigo non é un segundo prato, as viguesas e os vigueses non merecen ese desprezo”, afirmou.
Na mesma liña, chamou a poñer fin “dunha vez por todas ao maltrato” que o PP ten demostrado cara a Autoridade Portuaria de Vigo, por considerala como “unha fonte de grandes salarios para os seus cargos”. Así, salientou o papel do Porto como “grande tractor económico” da cidade, que xera máis de 50.000 postos de traballo directos e indirectos. “Unha institución chave para a base produtiva de Vigo non merece acabar presidida por segundóns do aparato do PP local como Miguel Fidalgo”, remachou.
Pasión total en Vigo y su área en la jornada de sábado del Rallye Rías Baixas, una jornada en la que el motor volvió a O Castro
El Dsafio Zone ofrece nueve zonas de juego pensadas para adultos y los más pequeños de casa. Así es el nuevo parque de ocio del área de Vigo
Caballero anuncia la inversión de 33.000 euros para restaurar la base de los cañones que están a la entrada de la Fortaleza de O Castro
El presidente del Gobierno dice sentirse traicionado, pero asegura que continuará al frente del Ejecutivo "por responsabilidad"
Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL