O Bloque Nacionalista Galego trasladará ao Congreso, a través dunha iniciativa do seu deputado, Néstor Rego, o reclamo da veciñanza de Teis para que o ministerio de Transportes e Audasa acometan as melloras necesarias nos pasos elevados da Xorxa e a Trapa, sobre a AP9, que permitan o seu uso seguro por vehículos e peóns.
Así o anunciou esta mañá o concelleiro do Bloque na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, que criticou a resposta evasiva por parte do ministerio a unha pregunta da Asociación Veciñal de Teis. “Os pasos da Xorxa e a Trapa son imprescindíbeis para evitar que estas zonas do barrio de Teis fiquen incomunicadas”, explicou, rexeitando o pretenso do ministerio de reducilos a pasarelas de uso peonil.
Diante da falla de resposta do Goberno español, o BNG levará a reivindicación da veciñanza de Teis ao Congreso urxindo un compromiso claro para executar melloras nun pasos elevados nos que non se actuou nas últimas catro décadas.
Igrexas tamén lamentou a falla de actuación por parte do Goberno municipal nesta cuestión. “Malia os titulares e as declaracións, o alcalde non fixo ningunha xestión”, reprochou.
La Xunta ha remarcado que Galicia responde a las necesidades de otras comunidades autónomas y presta su apoyo
Un espacio gastronómico de Vigo comienza un nuevo proyecto en las Rías Baixas. Tacos "take away" junto al mar
Louzán confirma que la Federación de Fútbol trabaja para que la FIFA elija a Vigo y Valencia como sedes del Mundial 2030
Vigo aplica cortes de tráfico en la zona al comenzar la primera fase de la humanización de la calle Cesáreo Vázquez
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL