O Bloque Nacionalista Galego vén de pedir o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a vicepresidenta da Deputación provincial, Marta Fernández-Tapias, que “deixen de actuar como Pimpinela” para desbloquear a reforma da bancada de Gol. Así o demandou este martes o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que reprochou que tanto o PSOE como o PP utilicen tamén o estadio municipal de Balaídos como “refén da súa permanente disputa partidista en lugar de cooperar en favor da cidade" nunha "sobreactuación" política.
Igrexas reiterou a proposta de constituír unha comisión para a reforma do estadio municipal de Balaídos que permita desbloquear esta situación “inxustificábel e delirante” arredor do financiamento da obra. O voceiro nacionalista considerou necesario que participen nesta comisión o Concello de Vigo e a Deputación provincial, mais tamén a propia Xunta “que non pode seguir escaqueándose da reforma do estadio municipal da maior cidade galega”.
“Unha comisión que sirva de espazo de cooperación entre as diferentes Administracións pero tamén para a participación social”, defendeu o portavoz do BNG de Vigo. Chamou nese sentido a contar co Real Club Celta como principal usuario do estadio, e dar tamén voz á afección a través da Federación de Peñas do club, ao movemento veciñal da contorna e ás persoas usuarias das pistas de atletismo de Balaídos “toda vez o propio Goberno municipal condicionou a reforma das instalacións á da bancada de Gol”.
“Trátase dunha proposta que ten por obxectivo reorientar a chapuceira xestión que converteu o que algún prometeu como o Guggenheim do fútbol –en relación a declaracións do alcalde- nunha especie de versión deportiva da Sagrada Familia”, subliñou Igrexas. Lembrou así que a reforma de Balaídos debía ter rematado en 2017, como comprometeu o propio Abel Caballero.
Sobre o papel da Deputación, o voceiro nacionalista advertiu a Marta Fernández-Tapias que a fronte nacionalista “non lle vai permitir nin tolerar que lle negue á cidade os recursos que lle corresponden” por parte do ente provincial. “A posición do BNG en relación a Balaídos foi a mesma dende un inicio: a cidade precisa e merece dun estadio municipal seguro, funcional e moderno”, remachou Igrexas.
Algunos de los elementos de la decoración navideña de Vigo no resistieron las fuertes rachas de viento provocadas de la borrasca Caetano
"Llevamos años reclamando que se inicien las actuaciones Vigo-Lisboa y lo único que Lacen desde el Gobierno es darnos largas", lamentan
Vigo suma un nuevo 'concept store' con moda, diseño, decoración y muchas marcas difíciles de encontrar. Tradición y futuro, su seña de identidad
""Queremos tender a nosa man para que a cidade de Vigo conte cunha programación cultural estable", señalan desde la Diputación de Pontevedra
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL