O Bloque Nacionalista Galego anunciou esta mañá que proporán ao Grupo de Apoio do Colectivo Musical ‘La Insurgencia’ para ser recoñecido como Vigueses/as Distinguidos/as deste ano. “Seis meses de prisión, oito anos de inhabilitación e multas de mil douscentos euros por uns versos en letras de cancións rap. Non é unha sentenza da Arabia Saudita, é un fallo xudicial do Tribunal Supremo español”. Desta maneira, sinalou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, o carácter “aberrante e inxusto” da sentenza contra o Colectivo Musical ‘La Insurgencia’, dos que 5 das súas 12 integrantes son de Vigo.
Igrexas defendeu a concesión do título de Vigueses/as Distinguidos/as ao Grupo de Apoio a ‘La Insurgencia’ polo “seu inxente labor e activismo, non só para denunciar ese incomprensíbel proceso xudicial, máis propio da censura doutra época, senón para defender as liberdades civís e o dereito irrenunciábel á plena liberdade de expresión”.
Para o portavoz municipal nacionalista, a causa contra ‘La Insurgencia’ deixa en evidencia ao réxime político español, que malia se presentar como “unha democracia presuntamente consolidada”, demostra con sentenzas como a ditada contra este colectivo musical por causa dunhas letras que “actúa con puño de ferro contra os febles, restrinxindo dereitos democráticos, pero con man de seda cos poderosos e os corruptos de pescozo branco”.
“Se algo define a historia de Vigo, como urbe moderna e de vangarda, é que se construíu sobre unha permanente defensa das liberdades. A loita en defensa da liberdade de creación e expresión merece do maior recoñecemento da nosa cidade”, remachou.
La Xunta ha remarcado que Galicia responde a las necesidades de otras comunidades autónomas y presta su apoyo
Un espacio gastronómico de Vigo comienza un nuevo proyecto en las Rías Baixas. Tacos "take away" junto al mar
Louzán confirma que la Federación de Fútbol trabaja para que la FIFA elija a Vigo y Valencia como sedes del Mundial 2030
Vigo aplica cortes de tráfico en la zona al comenzar la primera fase de la humanización de la calle Cesáreo Vázquez
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL