
En vésperas do día internacional sen coches, que se celebrará este domingo, o Bloque Nacionalista Galego demanda do Goberno municipal de Vigo “audacia, valentía e modernidade” para apostar de maneira decidida por unha mobilidade “moderna e ambientalmente sostible”.
Con ese obxectivo, o concelleiro Xabier P. Igrexas, vén de propoñer a creación dunha “liña cero” que una Navia e Teis, conectando todo o casco urbano e que poida funcionar como liña central e intercambiador para combinar cos circulares, a través dos transbordos. A liña debera ter unha frecuencia de como mínimo 15 minutos durante os horarios laborábeis.
A liña partiría de Navia, e pasaría por Coia, Travesas, praza de España, nova estación intermodal de Urzaiz, Calvario e Travesía de Vigo até desembocar en Teis. O percorrido iría sobre carrís bus e complementariamente con preferencia semafórica naquelas rúas nas que non permitan a reserva dun carril exclusivo.
Igrexas defende que esta proposta debería incorporarse dentro da "necesaria reforma" do mapa de liñas e da nova concesión do servizo. “Esa liña cero sería unha medida que revolucionaría a mobilidade e que melloraría de maneira substancial o transporte urbano e a mellor contribución para avanzarmos de verdade cara a unha cidade con menos coches”, considera o voceiro nacionalista.
Para asegurar a súa axilidade e capacidade, a fronte nacionalista suxire que se faga uso dalgunha modalidade de transporte articulado. “Moito se ten falado do metro lixeiro, gastando decenas de millares de euros en estudos. Non imos dicir se esa é a fórmula ou outra, pero o que sabemos é que en outras cidades europeas semellantes a Vigo funcionan de maneira moi eficiente liñas con sistema de trolebús”, explicou Igrexas.
¿Te imaginas volar sobre las luces de la Navidad de Vigo? Así se ven el Árbol, las luces y los otros elementos a vista de pájaro
El BNG reclama al Gobierno una investigación por el descarrilamiento del tren de mercancías en As Neves. Ha cortado la línea Vigo-Ourense
Vigo se prepara para una cascada de aperturas. Marcas nacionales e internacionales apuran sus nuevos locales para estar en la Navidad
Cifra en 42 millones el agujero anual en las cuentas del operador público en caso de tener que llevarlo a cabo
Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL