• Estación de buses
  • Próxima apertura Vigo
  • Parque acuático Valença
  • Fiesta O Porriño
  • Planes finde
  • Accidente Rallye
  • Fiesta Pan en Galicia
  • Entroido de Verán
  • Festival Gratis Nigrán
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG reclama 144 millóns máis para Vigo nos Orzamentos da Xunta de 2025

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
21/11/2024

O Bloque Nacionalista Galego reclama 144 millóns máis para Vigo ao proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza do vindeiro ano 2025. A fronte nacionalista vén de formular 41 emendas parciais ao proxecto de contas do Goberno de Rueda.

O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, canda as deputadas e o deputado vigués no Parlamento galego Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova, cargou este xoves en rolda de prensa  contra a "política de castigo do PP coa maior cidade galega" para asegurar que "foi masivamente rexeitada polas viguesas e vigueses nas pasadas eleccións galegas nas que o PP foi derrotado e o BNG convertémonos en primeira forza”.

Másnoticias

Detenido un vecino de Vigo tras la denuncia de su madre por agresión

04/07/2025
Puesta de quilla del nuevo velero de Greenpeace
- FREIRE SHIPYARD

Un astillero de Vigo inicia la construcción del nuevo velero de Greenpeace

04/07/2025

O Bloque propón nas súas emendas unha batería de medidas para enfrontar a crise industrial, reverter a privatización sanitaria, responder ao grave problema da vivenda, desenvolver infraestruturas pendentes, avanzar na sustentabilidade ambiental e apoiar o tecido cultural e o deporte vigués. Emendas que, subliñan dende a fronte nacionalista, expresan o “absoluto compromiso” do BNG coa cidade.

  • Enfrontar a crise industrial. Trasladan medidas por un importe de 23 millóns de euros para blindar sectores estratéxicos como a automoción, o naval ou as tecnoloxías da información fronte ás ameazas que padecen. Con propostas como despregar un Plan Comarcal de Reindustrialización, crear un Centro de Reparacións do Naval e poñer en marcha un Centro Metropolitano de Impulso Tecnolóxico.
  • Sanidade. Piden aumentar en 78 millóns o investimento na área sanitaria. Entre as medidas, reclama máis recursos para fortalecer unha Atención Primaria “colapsada”, reforzar os recursos para radioterapia e crear dous novos Puntos de Atención Continuada (PAC) en Navia-Coia e Teis. En relación ao Hospital Álvaro Cunqueiro, reitera a "necesidade" de rescatar a concesión privada, acondicionar o entorno do centro médico e ampliar a unidade de saúde mental infanto-xuvenil. Do mesmo xeito, defende a absorción de Povisa na rede sanitaria pública.
  • Vivenda. O Bloque demanda destinar 12 millóns de euros adicionais para dotar á cidade dun parque público de vivenda que garanta solucións habitacionais fronte ao aumento dos prezos.
  • Ensino e cultura. Defenden aumentar en máis de 3 millóns de euros os investimentos nesta materia, tanto para a mellora das infraestruturas actuais como para facer realidade “dunha vez” o prometido instituto de Navia. No ámbito cultural, piden ampliar a ESADg, mellorar a rede de museos e crear unha rede de bibliotecas municipais en colaboración co Concello de Vigo.
  • Infraestruturas pendentes. Destacan os investimentos para prolongar o túnel de Beiramar e para construír o túnel de Xulián Estévez, a mellora nos accesos ao Ifevi e a reforma da antiga estación de bus da Avenida Madrid para destinala a usos sociocomunitarios. No capítulo de mobilidade, o Bloque demanda recursos para integrar Vigo na rede de transporte da súa área metropolitana, así como conexións de bus directas cos hospitais públicos, a universidade e o aeroporto.
  • Residencias e escolas infantís. O BNG defende emendas para construír unha residencia de maiores no barrio de Coia, crear novas escolas infantís na cidade, mellorar o Punto de Encontro Familiar e dotar de máis recursos para o actual Centro de Información ás Mulleres e desenvolver dous novos centros. Tamén no apartado deportivo, esixen recursos para facer realidade a pendente reforma das pistas de atletismo de Balaídos.
  • Avanzar na sustentabilidade ambiental. Apostan por máis fondos ao saneamento integral da Ría de Vigo, a mellora das redes de abastecemento de auga, o control de verteduras no río Lagares así como o prometido anel verde, en colaboración coas comunidades de montes.
Temas: BNGVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Una nueva marca "hace las maletas" en la milla de oro de Vigo

Continúa el movimiento de fichas en la calle Príncipe de Vigo. Uno de los locales disponibles ya tiene un nuevo proyecto en marcha

PorAlfredo Teja
04/07/2025
Enfoque

Caballero defiende crear en la antigua estación de buses "un gran parque extraordinario" para Vigo

El PP critica que el alcalde califique de "tontería" su propuesta de destinar la antigua estación de buses como centro de asociacionismo

PorMiguel Alonso
04/07/2025
Enfoque

Suspendido el tercer tramo del Rallye Rías Baixas tras un accidente que acabó en incendio

La organización ha suspendido el tercer tramo de este viernes en el Rallye Rías Baixas. Un coche se incendió tras un accidente

PorMiguel Alonso
04/07/2025
Enfoque

Caballero, contra las constructoras por proponer peaje en las autovías: "Que estén calladas"

"¿Qué es eso de que quieren poner un peaje las constructoras entre Vigo y Ourense? Lo que nos faltaba", exclama el alcalde de Vigo

PorMetropolitano
04/07/2025
Enfoque

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

PorMetropolitano
04/07/2025

Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X