O Bloque Nacionalista Galego reclama unhas instalacións “axeitadas e seguras” para o Club de Halterofilia de Vigo. A fronte nacionalista urxe unha solución para este club de elite tras seis anos adestrando nun espazo “minúsculo” nos baixos do campo municipal de Samil a causa das obras de Balaídos.
O concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, e o número tres da candidatura nacionalista, Filipe Abalde, chamaron a poñer fin ao “desprezo cara o máis de medio centenar de persoas que integran este club", con actividade dende o ano 1966 e que compite a nivel estatal. Advertiron do "risco que supón para as e os deportistas ter que adestrar nunhas instalacións que non cumpren os máis mínimos requisitos de seguridade, equipamento e de espazo” para a práctica desta disciplina.
“O deporte de Vigo non merece o desleixo e total abandono dos últimos anos por parte do Concello en lugar de brindar todo o seu apoio aos clubes, grandes e pequenos, que son o verdadeiro motor da práctica deportiva na cidade”, reclamou Igrexas.
Dende a fronte nacionalista demandaron así unha alternativa “axeitada” que, segundo trasladaron representantes do propio Club de Halterofilia de Vigo, pasarían polo retorno á súa antiga localización nos baixos da bancada de Río, após transcorridos anos da finalización das obras. Lamentaron, nese sentido, que o Goberno municipal "non respondera a ningún dos escritos do club dende que deixaron esas instalacións en maio de 2017".
“As actuais instalacións só teñen de ximnasio o letreiro da porta e nin sequera contan con material deportivo, que facilita o propio club”, criticou Abalde, que apostou por un cambio da política deportiva que “respecte e teña en conta” os equipos de Vigo que practican disciplinas minoritarias.
Un restaurante de Vigo presenta su receta para el concurso de la Mejor Pizza de España. Esta es su combinación de sabores
Vigo tiene tan solo 10 días para ultimar todo el montaje de la Navidad. Así se encuentran sus principales atracciones ahora mismo, ¿llegará a tiempo?
Decenas de personas se concentrarán en Redondela para denuncian lo que consideran una "estafa" de Viaxes Loa. Así se encuentra el caso
Vigo tendrá uno de los primeros locales en Galicia de esta famosa hamburguesería. Solo cocine 200 smash burgers al día y es viral
El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL