O Bloque Nacionalista Galego reclama unhas instalacións “axeitadas e seguras” para o Club de Halterofilia de Vigo. A fronte nacionalista urxe unha solución para este club de elite tras seis anos adestrando nun espazo “minúsculo” nos baixos do campo municipal de Samil a causa das obras de Balaídos.
O concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, e o número tres da candidatura nacionalista, Filipe Abalde, chamaron a poñer fin ao “desprezo cara o máis de medio centenar de persoas que integran este club”, con actividade dende o ano 1966 e que compite a nivel estatal. Advertiron do “risco que supón para as e os deportistas ter que adestrar nunhas instalacións que non cumpren os máis mínimos requisitos de seguridade, equipamento e de espazo” para a práctica desta disciplina.
“O deporte de Vigo non merece o desleixo e total abandono dos últimos anos por parte do Concello en lugar de brindar todo o seu apoio aos clubes, grandes e pequenos, que son o verdadeiro motor da práctica deportiva na cidade”, reclamou Igrexas.
Dende a fronte nacionalista demandaron así unha alternativa “axeitada” que, segundo trasladaron representantes do propio Club de Halterofilia de Vigo, pasarían polo retorno á súa antiga localización nos baixos da bancada de Río, após transcorridos anos da finalización das obras. Lamentaron, nese sentido, que o Goberno municipal “non respondera a ningún dos escritos do club dende que deixaron esas instalacións en maio de 2017″.
“As actuais instalacións só teñen de ximnasio o letreiro da porta e nin sequera contan con material deportivo, que facilita o propio club”, criticou Abalde, que apostou por un cambio da política deportiva que “respecte e teña en conta” os equipos de Vigo que practican disciplinas minoritarias.
junio de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vila Nova de Cerveira
Vilaboa
Coordinado por Luis Liz Marzán, participan 12 especialistas de renome mundial
junio de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vila Nova de Cerveira
Vilaboa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL