• Obras Avenida de Madrid
  • Nuevo en Vigo
  • Nuevo mirador
  • Fiesta Cesantes
  • Mercado Histórico Portugal
  • Barrio do Cura
  • Tardeo Vigo
  • Precios Parque Acuático
  • Festa da Rosa Mos
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O CACTI da UVigo celebra 30 anos convertido en centro de referencia de investigación

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
25/03/2024

O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo, coñecido polo acrónimo de CACTI, celebra este 2024 o seu 30 aniversario e faino convertido nun centro de referencia, “dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación na nosa contorna xeográfica”, no que se ofrecen os “servizos máis punteiros da investigación científica”, tal e como explica a actual directora, a profesora Sandra Bolaño, quen salienta que só nos últimos cincos anos, coa pandemia da covid19 polo medio, o CACTI xestionou preto de 15.000 servizos a máis medio cento de organismos públicos de investigación, tanto de España como de Portugal, ademais de resolver infinidade de peticións dos grupos de investigación da propia Universidade de Vigo e dunha longa listaxe de empresas e centros tecnolóxicos.

A idea de pór en marcha o CACTI naceu case de maneira paralela á propia Universidade de Vigo, con Luis Espada como reitor, e xa no 1991 iniciáronse os trámites para a construción do primeiro edificio, pero non foi ata abril de 1994, sendo reitor José Antonio Vázquez, que finalizaron as obras e se contrataron os primeiros técnicos. Agora, 30 anos despois, o centro está a deseñar toda unha programación de actos para celebrar esta data. A primeira destas actividades será unha Xornada de Portas Abertas o vindeiro 18 de abril, á que convidan a asistir a toda a comunidade universitaria, aos organismos públicos, ás empresas e ao público en xeral para que poidan así coñecer de preto as instalación, as técnicas, instrumentacións, posibilidades analíticas e os traballos e servizos que ofrece o centro.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

De cara ao futuro, o centro ten a mirada posta en fortalecer as súas estruturas, potencialo e manter -se cabe- con maior vigor a súa actividade. "Nós vindeiros anos a investigación será a clave do desenvolvemento e crecemento das rexións e países e, desde aquí, trataremos de achegar o noso gran de area eb retos como o estudo dos efectos do quecemento global, as estratexias fronte as pandemias ou o cambio das fontes de enerxía debido á crise enerxética, entre moitos outros”, explica a directora.

30 anos nos que se multiplicaron servizos, persoal e clientes

Creado coa vocación de proporcionar apoio científico e tecnolóxico tanto aos membros da comunidade universitaria como a calquera outro organismo público ou privado de investigación, no ámbito nacional e internacional, o CACTI arrancou na primavera de 1994 con dous únicos servizos (Análise instrumental e Espectroscopía Molecular e Técnicas Radioquímicas) e un cadro de persoal técnico composto por seis persoas.

Hoxe son 28 técnicas e técnicos, divididos entre a sede de Vigo, a de maior tamaño, e a de Ourense, no edificio administrativo do Campus Auga. Ofrécense en total sete servizos: Determinación Estrutural, Proteómica e Xenómica, Nanotecnoloxía e Análise de Superficies, Microscopía Electrónica, Desenvolvemento Sostible e Seguridade Alimentaria (nos campus de Vigo e Ourense), Detección Remota, Taller de Mecanizado e Servizo de asistencia técnica e calibración Satycel.

“O volume de servizos e traballos prestados e o volume de usuarios son os que dan a verdadeira dimensión á actividade do CACTI”, recalca a directora, quen explica que o 30% de todas as universidades públicas presenciais de España (que son 47) solicitáronlle servizos a este centro, ao igual que o fixeron tamén o 53% das comunidades autónomas españolas -a través de diferentes entes, institucións, ou empresas-. As peticións chegan tamén desde o país veciño, Portugal, e, de feito, “o 70% das universidades públicas portuguesas (que son 14) traballan regularmente con nós”, recalca Bolaño. Entre os clientes habituais do CACTI están, ademais das tres universidades galegas, a Universidad Complutense de Madrid, a Universitat de València, a Universidade do Porto e a Universidade de Lisboa. Tamén centros tecnolóxicos como o CTAG, Aimen ou Anfaco-Cecopesca e empresas como Seat, Naturgy, Borgwarner, Mapfre ou o Grupo Zelnova (Zeltia).

En 2016 estrean novas instalacións e triplican laboratorios

O edificio construído inicialmente para albergar o CACTI é o que agora se coñece como Filomena Dato, ao carón dos edificios Exeria e Ernestina Otero, tres espazos que dan forma ao corazón administrativo da Universidade de Vigo. Aí foi onde, no 1995, se empezaron a prestar servizos, xa que se ben a finalización da obra construtiva e a dotación de persoal técnico tivo lugar no 1994, non foi ata o ano seguinte que arrancou o funcionamento ordinario do centro, algo que fixo coa profesora Betty Leon Fong, hoxe xa xubilada, como primeira directora.

Co tempo esas instalacións foron quedando pequenas e no 2016 todos os servizos do CACTI trasladáronse a unhas novas instalacións, no edificio Olimpia Valencia, ao carón de Ciencias Experimentais, onde se triplicou o espazo e a superficie de laboratorios.

Desde 2023 formalizáronse as visitas guiadas ao centro

Desde a posta en funcionamento deste novo edificio, o persoal do CACTI puxo énfase en abrir de xeito periódico as súas portas ao público. Pouco a pouco foron aumentando a cantidade e frecuencia de visitas, xa sexan institucionais ou de centros de ensino e, desde 2023, regularizaron o proceso para solicitalas, organizando visitas guiadas os últimos venres de cada mes. “Foi algo que xurdiu de xeito natural pola necesidade de ordenar as moitas solicitudes de visitas que recibe o centro ao longo do ano, especialmente de institutos, centros de Formación Profesional e mestrados universitarios”, explica a directora, quen se manifesta “especialmente comprometida” en darlle cada vez máis visibilidade a este centro, algo para o que conta co apoio da Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.

Aberta a inscrición para as Xornadas de Portas Abertas do 18 de abril

Nesta liña, a Xornada de Portas Abertas prevista para o 18 de abril, coa que se abrirá a celebración do 30 aniversario, terá dúas sesións: unha de mañá (de 10:30 a 13:30 horas) e unha de tarde (de 16:00 a 19:00 horas). A xornada será presentada pola vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, e, a continuación, os diferentes servizos farán unha breve presentación das aplicacións, ensaios e traballos que é posible realizar. Seguidamentente, as persoas visitantes poderán coñecer de preto as instalacións dos diferentes servizos, e o persoal técnico dará explicacións máis detalladas das aplicacións e técnicas instrumentais e posibilidades analíticas. Para poder asistir é necesario reservar praza a través dun formulario. O número máximo de prazas é de 40 por sesión, que se irán aceptando por orde de chegada.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Retenciones kilométricas en la AP-9 en Vigo tras un accidente de tráfico

...

PorIván Dacal
08/06/2025
Enfoque

Unas céntricas galerías de Vigo se revitalizan con un nuevo rincón gastronómico

...

PorGabriel González
08/06/2025
Enfoque

Las obras de la Avenida de Madrid provocarán cortes de tráfico en Vigo durante esta semana

...

PorIván Dacal
08/06/2025
Un AVE de Renfe estacionado en una de las vías de la estación Puerta de Atocha // EUROPA PRESS
Enfoque

Renfe incrementa desde este lunes los viajes entre Galicia y Madrid

...

PorEuropa Press
08/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X