• Alerta calor Galicia
  • Chayanne en Vigo
  • Desaparecida Vigo
  • Restaurante Mexicano Vigo
  • Vigo Mundial 2030
  • Vialia Vigo
  • Templo Budista Galicia
  • Fiestas Nigrán
  • Obras en Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O cinema e as artes, poderosas armas para o ensino de Shakespeare

O cinema e as artes, poderosas armas para o ensino de Shakespeare
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
24/01/2025

Unha fotografía dunha recente montaxe do Centro Dramático Galego ilustra a portada de Teaching Shakespeare in Film and the Arts Today: Models, Methods, Materials, que, como asegura o seu editor, o docente e investigador da UVigo Jorge Luis Bueno, “reflicte simbolicamente a relevancia transcultural que ten Shakespeare”. Froito da súa experiencia dende hai máis dunha década nun seminario sobre o autor inglés e o cinema, Bueno presenta neste volume unha colección de capítulos que revisan enfoques pasados, presentes e futuros relacionados con Shakespeare no cinema co fin de rastrexar os modelos, métodos e materiais utilizados por docentes e estudosos á hora de abordar estas cuestións dentro e fóra da aula.

“Quería que o volume ofrecese ao lector exemplos prácticos do ensino da análise textual a través do cinema e as artes como estudos de caso metodolóxicos que puidesen ser adaptados por outros profesores ou desfrutados por lectores interesados no campo. Quería tamén que houbese multitude de puntos de vista polo que convidei a autores xa consagrados, a académicos nas súas primeiras etapas profesionais e a investigadores con doutoramentos en proceso. A multitude de perspectivas dálle gran valor ao volume e é quizais o que o distingue doutros libros semellantes”, asegura o coordinador do volume, recentemente editado por Cambridge Scholars Publishing.

Másnoticias

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

24/07/2026
La UVigo ya tiene cubiertas el 90% de las plazas de grado que oferta para el curso 2026/27

La UVigo ya tiene cubiertas el 90% de las plazas de grado que oferta para el curso 2026/27

23/07/2026

O cinema, fundamental

Para o editor de Teaching Shakespeare in Film and the Arts Today: Models, Methods, Materials dado que o cinema, e as artes no seu conxunto, proporcionan un fértil campo de interese polo que moitos lectores parecen sentirse bastante atraídos, “utilizar as artes para ensinar a Shakespeare amosa ser unha arma poderosa para espertar o interese tanto polas propias artes, como pola obra do propio dramaturgo. As súas obras e temas son totalmente actuais. É lido máis que nunca quizais porque se lle ve máis que nunca; esta condición performativa non debe esquecerse á hora de ensinar nas nosas aulas contemporáneas as reviravoltas das obras de Shakespeare. Usar o cinema nun mundo tan visual como o noso é fundamental”.

Non obstante, Jorge Luis Bueno considera que o texto está sempre ao principio de cada interpretación. “A linguaxe é a clave para desentrañar a poesía que esconden os textos literarios, polo que entender primeiro o texto daralle ao director e aos interpretes da súa obra o mellor punto de partida para despregar o seu propio uso da linguaxe fílmica”, sinala o editor do volume, que non agocha as súas adaptacións cinematográficas favoritas de obras de Shakespeare. “Pola súa capacidade para conectar a obra cos intereses do noso tempo, Macbeth e Hamlet son dúas lecturas fundamentais, e as versións de Akira Kurosawa e Michael Almereyda son moi potentes para o alumnado. Pero en canto a textos visuais, que seguen triunfando entre o alumnado, a pesar de ser unha película de 1996, o Romeo + Juliet de Buz Luhrmann nunca falla. O tempo pasa pero esta película é atemporal. Isto é o que define aos clásicos”, asegura.

O ensino de Shakespeare e a súa relación co cinema

María José Álvarez, Manuel Bellmunt-Serrano, Juanjo Bermúdez de Castro, Allison Eudoxia Iglesias Alonso, Ian Matthews, Rocio Moyano-Rejano, Mar Nieves-Fernández e Inma Sánchez García son os e as docentes, académicos e investigadores e investigadoras que achegan os traballos que compoñen un volume “que require un lector interesado na disciplina, poñéndose o foco en graos e mestrados universitarios ou en seminarios especializados. Os capítulos tratan o ensino de Shakespeare e a súa relación coas artes visuais, desde o cinema á pintura, pasando polos memes, o transcultural, o feminismo, e o activismo social”, detalla Jorge Luis Bueno.

Precisamente, varios dos autores e autoras do volume participan nun proxecto de investigación, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación sobre Shakespeare, as artes e o activismo social, que permitiu tecer unha rede de investigación con integrantes de universidades españolas, europeas e norteamericanas. “Por iso, aínda que haxa cousas adaptables a outros niveles educativos (de feito, eu mesmo levo varios anos visitando centros de secundaria cunha charla formativa sobre a lingua inglesa e o análise da arte visual), o volume ten en mente un lector con certo grao de especialización”, sinala o coordinador do volume.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

¿Tasa turística de 5€ por ir a las Islas Cíes? El Gobierno de Vigo muestra su "rechazo absoluto"
Enfoque

El paraíso de Vigo recupera su normalidad total, "la mejor playa del mundo" y Figueiras son "aptas" al baño

...

PorCarlos I. Castrillón
27/07/2026
El segundo hijo tendrá matrícula gratuita en las escuelas infantiles de Vigo
Enfoque

El nuevo curso en las escuelas infantiles, marcado por plantillas fijas tras 20 años y el "caos" de la renovación

...

PorPaula Carballo
27/07/2026
Galicia mantiene los medios enviados a los incendios de Castilla y León tras solicitarlo la Junta
Enfoque

Galicia mantiene los medios enviados a los incendios de Castilla y León tras solicitarlo la Junta

...

PorPaula Carballo
26/07/2026
Un local de Vigo con el "mejor taco de Galicia" estrena un nuevo espacio junto al mar en las Rías Baixas
Enfoque

Un local de Vigo con el "mejor taco de Galicia" estrena un nuevo espacio junto al mar en las Rías Baixas

...

PorSara Rodríguez
26/07/2026
El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria
Enfoque

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

PorMetropolitano
24/07/2026

El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

GRACIAS

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia
Enfoque

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia

PorMetropolitano
24/07/2026

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X