Revisar o grao de cumprimento das cláusulas da concesión e acadar melloras na prestación do servizo aos usuarios do parking da Xunqueira, foron os temas tratados na mañá do xoves 20 de maio, na reunión mantida na Alcaldía de Redondela pola alcaldesa, Digna Rivas, e representantes da empresa Estacionamiento Redondela S.L.
Nun dos puntos que máis preocupa aos usuarios e usuarias, como é o da atención presencial na franxa horaria de 23 h a 7 horas, Digna Rivas subliñou que a empresa “cumpre coas cláusulas da concesión” xa que nelas sinálase que o aparcadoiro deberá prestar servizo de 24 horas “pero en ningún punto figura que teña que ser presencial polo que, cumprindo as condicións pactadas, pode realizarse por medios automatizados”.
En todo caso a alcaldesa acadou, durante a reunión, o compromiso de que “mentres non se instalen sistemas automatizados a proba de fallos, que garantan a utilización do aparcadoiro por parte das persoas usuarias as 24 horas, a franxa horaria entre as 23:00 horas de 07:00 horas, contará con persoal para atender o servizo”.
A alcaldesa de Redondela que agradeceu “a boa disposición da empresa concesionaria en atender as demandas do Concello” aproveitou para deixar patente a súa sorpresa polas críticas vertidas polo Partido Popular nas que afirmaba gratuítamente que o Goberno local non esixira á empresa o cumprimento das cláusulas de concesión. Digna Rivas lembroulles que “as anteditas cláusulas teñen xa bastantes anos polo que, se o servizo era ao seu entender “cuestionable”, tiveron oito anos para poñerlle remedio”, recalcou.
Bouzas cuenta, por el momento, con el permiso para instalar una única atracción durante las fiestas que arrancan el viernes
Vigo recupera uno de sus chiringuitos más especiales y ya hay fecha de apertura. Así será su oferta cultural para el verano
El BNG de Vigo indica que la "saturación" que se vive en Urgencias del Cunqueiro se debe a los "recortes" aplicados en los centros de salud
"La casa roja fue testigo de una época que ya forma parte del pasado de Mos; con su desaparición se abre la puerta a un futuro más accesible"
Destacan que esta modalidade ofrece a posibilidade de coñecer as necesidades do tecido empresarial
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL