• Reapertura tienda Vigo
  • Muerto en O Rosal
  • Observación astronómica Vigo
  • Visitas a O Castro
  • Ruta por Monteferreo
  • Fiestón en Cangas
  • Termas Ourense
  • Fiesta con Panorama City
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O Goberno de Redondela leva a Pleno uns orzamentos sen débeda e máis política social

Concello de Redondela

Concello de Redondela

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
21/05/2022

O Goberno redondelán que preside a socialista Digna Rivas buscará este vindeiro xoves a aprobación do Pleno para os Orzamentos Municipais do 2022, unhas contas que ascenden a máis de 20 millóns de euros (20.173.441,06 €) e que, segundo a concelleira de Facenda, María Castro, son “realistas, equilibradas e queren reflectir a realidade dos gastos e ingresos para dar resposta real ás necesidades do noso municipio”.

O capítulo de gastos e ingresos ascende a un total de  2.173.441,06 euros, o que supón un aumento de case un millón de euros con respecto ao último orzamento aprobado no ano 2018. As contas, subliña Digna Rivas, “teñen débeda 0, carecendo de endebedamento bancario, o que amosa claramente o importante esforzo realizado durante estes dous anos para sanear as contas municipais”.

Másnoticias

Redondela denuncia la "grave situación" de sus centros de salud por falta de personal sanitario

12/07/2025

A pie, en bicicleta o en kayak, así son las sorprendentes rutas que ofrece Redondela en julio

08/07/2025

As contas municipais, que non recollen subidas de impostos, contemplan un notable incremento na partida destinada a gastos correntes en bens e servizos que aumenta en máis de 1,4 millóns de euros o que supón ademais un aumento na área de gasto de actuacións e protección social de case 700.000 euros.

Digna Rivas subliñou que as contas buscan “dar resposta a crise que deixamos atrás” polo prestan especial atención “ás persoas que precisan da axuda pública para poder seguir desenvolvendo a súa vida de xeito digno”. Así, os fondos destinados para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) pasa dos 550.000 euros do orzamento do 2018 aos máis de 1,3 millóns en 2022. Increméntanse tamén os fondos destinados ás persoas maiores coa creación dunha nova partida dirixida a adquisición de axudas técnicas.

Na mesma liña, o Orzamento 2022 recolle un importante incremento nas axudas para comedores escolares que pasan dos 30.000 euros aos 40.000 euros e crea unha partida para axuda á natalidade.

Asi mesmo as contas municipais destinan 93.000 euros a teleasistencia e programas e actividades dirixidas ás persoas maiores, ao igual que se incrementa en 86.000 euros o apartado dedicado a Igualdade no que se inclúen iniciativas como a redacción dos Plans de Igualdade ou a creación dos Premios Sesé Mateo.

Doutra banda, a alcaldesa cualifica de “moi importantes” os gastos de inversión que supera os 2 millóns de euros e que incorporan as achegas necesarias para as obras do programa Redondela 2020, con obras como a da Praza de Ponteareas –xa en execución–, a rehabilitación do antigo conservatorio, de inicio inminente, e outras pendentes de comezar como o skatepark en Chapela ou a rehabilitación do edificio das antigas vivendas dos mestres para a creación dun museo.

Outras obras de que se recollen no orzamento son a construción dunha pista de atletismo para a que se destina unha partida específica de 170 000 euros e que da resposta as necesidades manifestadas, dende hai anos, tanto pola Asociación Deportiva CAR coma pola veciñanza de Redondela.

Do mesmo xeito destínanse fondos para continuar desenvolvendo o plan de mellora de camiños municipais.

No capítulo de subvención municipais, créanse novas liñas de axuda para as Comunidades de Augas, adquisición de material informático para o alumnado, así como medidas enfocadas para impulsar e mellorar a competitividade do comercio local.

A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu  a boa predisposición de AER e BNG “cos que mantivemos reunións case que semanais” de cara a poder aprobar uns “orzamentos de consenso” e nos que se recollen achegas realizadas por ámbolos dous grupos.

“A confección e aprobación dos Orzamentos deben ser un esforzo e compromiso de todos e todas porque están dirixidos á potenciar servizos que presta o Concello e, consecuentemente, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”, concluíu Digna Rivas.

Temas: Redondela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Avenida da Liberdade //  Camara Municipal de Braga
Enfoque

El cariño de Galicia a Oporto y Braga, la Xunta otorga a sus alcaldes las Medallas de Oro 2025

Rueda ha recordado que los regidores portugueses se suman al reconocimiento que ya recibió la princesa Leonor

PorMetropolitano
15/07/2025
Enfoque

Así resurgirá una de las tiendas vintage más top de Vigo tras cerrar con una liquidación completa

Una tienda vintage de Vigo se transforma para ofrecer novedades a sus clientes. Ya adelanta que el nuevo proyecto llegará en septiembre

PorShelly Villaverde
15/07/2025
Enfoque

Jácome emula a Fraga en Palomares y abre las "termas más bonitas de Ourense"

Jácome se grabó un vídeo dándose un baño en las Termas do Muíño delante de un cartel de la Xunta desaconsejando el baño en ellas

PorMetropolitano
15/07/2025
Enfoque

Denuncian la "grave situación de la sanidad" en verano en Galicia: "Hay mujeres pariendo sin agua caliente"

El PSdeG señala que, por ejemplo, en el centro de salud Pintor Comeiro de Vigo "no hay médicos por las tardes"

PorMetropolitano
15/07/2025
Qué hacer

El centro de Vigo será un balcón al universo con una observación astronómica gratuita

PorMiguel Alonso
15/07/2025

Un investigador de la Agencia Espacial Europea descubrirá el "imperio del Sol" a los vigueses dentro del programa de actividades previsto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

16jul19:30Verbenas na Caridade con Orquestina en Vigo

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X