• Novedad en O Porriño
  • Precios Festa da Sardiña
  • Romería Vikinga Catoira
  • Nuevo parque fluvial
  • Fiesta Lamprea Seca
  • Pantallas final Eurocopa
  • Focaccería en Vigo
  • Cabañas Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O ministro Garzón participará en Pontevedra nun debate sobre os límites do crecemento económico

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
19/09/2022

Que papel poden xogar as universidades no fomento do pensamento crítico respecto das consecuencias ambientais e sociais dun modelo económico baseado no crecemento? Esta pregunta constitúe o punto de partida do debate que o vindeiro luns 26 promove no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra o Post-Growth Innovation Lab e no que intervirá o economista e ministro de Consumo, Alberto Garzón. Os límites do crecemento e o papel da universidade na transición ecolóxica é o título do coloquio que Garzón compartirá co director do Post-Growth Innovation Lab, Mario Pansera, e a directora científica do centro de investigación interuniversitario Ecobas, María Loureiro. Programado para ás 11.00 horas e aberto o público, o coloquio será coordinado polo investigador posdoutoral do Post-Growth Innovation Lab David Soto Oñate e contará tamén coa intervención do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.

“Imos falar da importancia da universidade para xerar un pensamento crítico que logo poida chegar á cidadanía”, salienta Pansera, quen se incorporaba o pasado ano á UVigo como gañador dunha axuda Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) e creaba en Pontevedra o grupo de investigación que promove esta actividade. O estudo de como poderían funcionar as organizacións, tanto públicas como privadas, nun sistema económico que non se basee nun crecemento continuo constitúe de feito o principal obxectivo do proxecto Prospera, polo que Pansera obtivo a axuda do ERC e é tamén un dos eixos centrais deste coloquio. A idea, explica o investigador, é pór o foco nas “economías alternativas” e no papel que poderían xogar neste ámbito as institucións de ensino superior. “Tradicionalmente, a universidade era o lugar onde se podía xerar a crítica e o problema é cando esta é un lugar onde se protexe e reproduce a hexemonía cultural do capitalismo”, sinala Pansera, que incide na importancia de que nas institucións de ensino superior exista “un pluralismo na ensinanza dos modelos económicos”, que permita amosar ao alumnado “que hai distintas maneiras de entender a economía e a sociedade”.

Másnoticias

Innovación gallega desde la UVigo para aprender inglés a través de estos dos "videojuegos"

24/07/2025

Un cento de voces para amosar o que significa ser muller nun mundo patriarcal

23/07/2025

O punto de partida, un artigo de Garzón sobre decrecemento

Coordinador federal de Izquierda Unida, o labor de Garzón como economista constitúe, de feito, o punto de partida deste “debate aberto”, como o define Pansera. Licenciado en Economía pola Universidad de Málaga e Máster en Economía Internacional e Desenvolvemento pola Complutense de Madrid, segundo recolle o portal do Ministerio de Consumo, Garzón traballou como investigador en varias universidades antes de ser elixido por primeira vez deputado no Congreso, en 2011. O pasado verán publicaba na revista Monthly Review o artigo The limits to Growth: Ecosocialism or Barbarism, que constitúe o punto de partida desta actividade. Neste artigo, Garzón pon o foco nos impactos sociais e ambientais do consumo incide na necesidade de “reescalar a actividade económica ata o nivel que sexa compatible cos límites do planeta”. Como sinala Pansera, o obxectivo deste encontro será precisamente o de “falar do seu artigo e da interconexión entre política, universidade e cidadanía para desenvolver ideas”, para a partir de aí xerar “un debate científico” en torno a unha idea “tabú”, a de que “o mercado non é perfecto”. Nese senso, o director do Post-Growth Innovation Lab incide no interesante “de que un político comece a falar de decrecemento”, aínda que o encontro, recoñece, porá o foco na faceta de “economista e activista” de Garzón e non no seu labor como ministro ou na súa traxectoria política.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

O Porriño tendrá un nuevo centro fitness con tendencias como barre o cross-training

...

PorShelly Villaverde
26/07/2025
Enfoque

Caballero avanza una moción en el pleno para instar a la Xunta a invertir 36 millones en colegios de Vigo

...

PorMetropolitano
26/07/2025
Foto: Europa Press
Enfoque

Una pelea en Vigo termina con varias personas afectadas por gas pimienta

...

PorEuropa Press
26/07/2025
Enfoque

Alerta amarilla en 13 municipios de la provincia de Pontevedra por altas temperaturas

...

PorIván Dacal
26/07/2025
Enfoque

Innovación gallega desde la UVigo para aprender inglés a través de estos dos "videojuegos"

PorMetropolitano
24/07/2025

Las dos plataformas son un resultado de un proceso colaborativo entre las ramas de filología, educación y tecnología

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X