• Desaparecido Miño
  • Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

> MOBILIDADE ACTIVA NO RÍO MIÑO

O Río Minho: dous países e un destino repleto de experiencias de turismo activo

O Río Minho: dous países e un destino repleto de experiencias de turismo activo

AECT RIO MINHO

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
23/06/2023

As sinerxías de 16 concellos pontevedreses e 10 lusos converten este territorio transfronteirizo nunha marca ecoturística única para explorar e gozar de forma sustentable.

Un río, dous países e grandes experiencias. Esa é a esencia do Rio Minho, unha marca propia que promociona o territorio miñoto transfronteirizo como un destino de turismo activo único repleto de atractivos. Dende Crecente e Melgaço ata a desembocadura do río, as persoas visitantes atoparán dezaseis concellos pontevedreses e 10 lusos unidos para poñer en valor unha alternativa turística que permite coñecer o territorio dun xeito tranquilo desfrutando da natureza, a cultura e toda a riqueza que ofrece a contorna dunha forma activa, sostible e racional.

Másnoticias

O tren de proximidade, clave para fomentar a mobilidade sostible no territorio do Río Miño Transfronteirizo

O tren de proximidade, clave para fomentar a mobilidade sostible no territorio do Río Miño Transfronteirizo

30/06/2023
O tren como elemento de desenvolvemento do territorio do Río Miño Transfronteirizo

O tren como elemento de desenvolvemento do territorio do Río Miño Transfronteirizo

29/06/2023

A fronteira convértese nesta ocasión nun gran incentivo para visitar un territorio unido para crear un destino único, orixinal e diferente á vangarda do turismo sustentable, no que a mobilidade activa cobra gran relevancia. Centenas de quilómetros de costa fluvial para explorar e gozar na que o patrimonio natural xoga tamén un papel moi importante, cunha ampla oferta de actividades náuticas e de lecer e infinidade de sendeiros para percorrer e vivir este Rio Minho transfronteirizo a pé ou en bicicleta.

Unha forma de facer turismo diferente que veciñanza e visitantes puideron descubrir a través das actividades ecoturísticas ‘Vive o Rio Minho’, un amplo programa cun éxito absoluto de participación co que aproveitar o potencial turístico da zona de forma sustentable, fomentando as visitas a pé ou en bicicleta e evitando os desprazamentos a motor. Roteiros e camiñadas foron algunhas das actividades deseñadas para amosar os atractivos e a riqueza do patrimonio paisaxístico, natural, cultural ou gastronómico dentro dun destino situado estratexicamente e compartido por dous países.

A marca turística Rio Minho naceu ao abeiro do proxecto Visit Rio Minho para potenciar a visibilidade do territorio transfronteirizo do río Minho como destino ecoturístico de calidade e incentivar a súa preservación e valorización. Ten  a súa continuación no proxecto Vive Rio Minho: “Promoción e dinamización do Anel Verde (rede de sendeiros verdes do río Miño) a través de actividades transfronteirizas para a preservación, cualificación e valorización ambiental”. Este proxecto, cuxo beneficiario principal é a CIM Alto Minho, está cofinanciado nun 75% por fondos FEDER no marco da 6ª convocatoria (accións de capitalización) do INTERREG VA POCTEP 2014-2020. Nel participan como socios, ademais da CIM Alto Minho,  a Deputación de Pontevedra e o AECT Rio Minho.

Temas: Mobilidade activa no Río Miño

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La réplica de la camiseta blanca de España con las dos estrellas se adelanta a las oficiales en Vigo
Enfoque

La réplica de la camiseta blanca de España con las dos estrellas se adelanta a las oficiales en Vigo

...

PorMiguel Alonso
22/07/2026
Un incendio forestal cerca el outlet de Tui
Enfoque

Una marca de moda inédita en Galicia llega con su primera apertura en el Outlet de Tui

...

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Cuenta atrás para abrir el nuevo ascensor panorámico de Vigo, tras pasar las últimas pruebas
Enfoque

Cuenta atrás para abrir el nuevo ascensor panorámico de Vigo, tras pasar las últimas pruebas

...

PorUxía Pérez
22/07/2026
Vigo, uno de los mejores puntos para ver el eclipse solar de este jueves
Enfoque

Pontevedra difunde estos consejos clave para disfrutar al máximo del eclipse en Galicia: estas son las claves

...

PorUxía Pérez
22/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X