• Nuevo restaurante
  • PortAmérica
  • Vigo SeaFest
  • Gimnasios en Vigo
  • Festa do Viño Tinto
  • Fiestas de Coia
  • Reforma Concello
  • Accidente Vigo
  • Tapa top
  • Feria del Libro
  • Oferta Canarias
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O satélite da UVigo Lume-1 conclúe a súa misión e xa se planifica un novo lanzamento para 2027

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
14/02/2024

Cinco anos despois do seu lanzamento a bordo dunha nave Soyuz dende a base espacial rusa de Vostochny, en Siberia, o Lume-1 reentrou este mércores na atmosfera. Neste tempo, o satélite da Universidade de Vigo completou máis de 28.700 órbitas arredor da Terra, percorrendo unha distancia aproximada de 1300 millóns de quilómetros.

A mensaxe de reentrada na atmosfera recibiuse ás 04:04 horas desta madrugada e a última transmisión na estación de Vigo tivo lugar onte martes. Aínda que a vida útil destes nanosatélites é reducida, entre seis meses e un ano, o Lume superou por moito estas expectativas e fíxoo con "todos os seus compoñentes en perfecto estado, o que é pouco común despois de tanto tempo exposto ao ambiente espacial, polo que podemos considerar este proxecto como un éxito tremendo", destaca o catedrático Fernando Aguado, director do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais, ATRG (Aerospace Technology Research Group).

Másnoticias

Pep Moreno, Estrella Michelin: "Galicia tiene un productazo, pero debe perder miedo a ser moderna"

01/07/2025
FOTO: JESUS MARCO GONZÁLEZ CASTILLO

Las Fiestas de Coia de Vigo confirman su nueva programación, esto es lo que habrá y lo que no

01/07/2025

Lanzado en decembro de 2018, un dos obxectivos principais do Lume-1 era validar o sistema de comunicacións Sensor-Terra-Centro de Control–UAV a través do internet das cousas empregando como plataforma a carga de útil de comunicacións de UVigo TOTEM. O satélite cumpriu ao 100% cos seus obxectivos, xa que como explica o profesor Aguado, “validáronse con éxito non só todas as comunicacións, senón que na súa misión estendida puidéronse incorporar novas capacidades e aplicacións que inicialmente non foron incorporadas á misión debido á capacidade de reprogramación en órbita”.

Estas novas aplicacións empregáronse, por exemplo, no marco da cooperación que se iniciou en 2020 entre a UVigo e a Universidade Noruega NTNU, e que, entre outros resultados e publicacións, deu lugar a unha tese de doutoramento codirixida en ambas institucións en base ás medidas do Lume-1.

Con todo, o Lume-1 non é o nanosatélite máis lonxevo da UVigo. Dos catro satélites deseñados por investigadores da institución (Xatcobeo, Serpens, Humsat-D e Lume-1), aínda queda en órbita o Humsat-D, que se lanzou en 2013. A pesar de que, pola antigüidade, a súa tecnoloxía ten un uso limitado en investigación, estase empregando de cando en vez para labores formativas, aproveitando que segue en órbita e en relativo bo estado de saúde na maioría dos seus compoñentes.

O quinto satélite da "constelación" da UVigo chegará previsiblemente en 2027, xa que o Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais está traballando, entre outros proxectos, no lanzamento dun novo satélite demostrador para o que están a desenvolver unha carga útil de comunicacións láser de alta velocidade.

Un test para o sistema de comunicacións TOTEM

O satélite Lume-1 supuxo un paso moi importante na traxectoria do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais ao incorporar o innovador sistema de comunicacións TOTEM, que está baseado no paradigma denominado SDR (Software Defined Radio), ou radio definida por software, que permite actualizar completamente o sistema de comunicacións abordo durante a misión.

A experiencia foi un éxito, xa que como destaca o catedrático Fernando Aguado, “TOTEM funcionou sen problema durante toda a vida útil do satélite e, grazas ás súas capacidades de reconfiguración en órbita, puidemos realizar investigacións moito máis avanzadas das que se incluíran para a primeira fase da misión”.

En concreto, detalla, realizáronse análises de fontes de interferencias de radio arredor de todo o planeta, ensaios de comunicacións e adquisición de datos de posicionamento de aeronaves, entre outros. Ademais, engade o responsable do grupo, “este desenvolvemento punteiro” foi transferido a Alén Space, spin-off da Universidade de Vigo, “que o comercializa en multitude de misións a nivel mundial”.

Proxecto FIRE-RS

Un dos obxectivos desta misión era testar a eficacia do satélite Lume-1 na loita contra os incendios forestais no marco do proxecto FIRE-RS, unha iniciativa froito da cooperación entre as escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrial, Informática e Areonaútica e do Espazo, xunto co centro de investigación atlanTTic (a través dos grupos de Tecnoloxías Aeroespaciais e Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas), o grupo CIMA, do Cintecx, o Laboratorio de Intelixencia Artificial Aplicada e dous socios europeos.

As probas, que se realizaron en contornas controladas mediante lumes reais nas instalacións de Seganosa co apoio da Axega, permitiron “comprobar o perfecto funcionamento tanto da plataforma do satélite e da carga útil de comunicacións, como dos sensores en terra desenvolvidos para detectar lume”.

Esta liña de investigación tivo posteriormente continuidade no proxecto europeo FIRE-Poctep, do que formaban parte 12 socios españois e portugueses, entre eles o grupo de Enxeñaría de Recursos Naturais e Medio Ambiente e o grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais. As achegas da UVigo neste proxecto estiveron centradas tanto na análise dos lumes forestais como na inclusión dun módulo de axuda á pilotaxe nocturna de drons para o control e extinción de incendios.

O quinto satélite da UVigo, para 2027

Actualmente, o grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais está traballando en numerosos proxectos tanto nacionais como internacionais e coa Axencia Espacial Europea en diferentes áreas de tecnoloxías aeroespaciais, como enxeñaría de sistemas, enxeñaría termo-mecánica, comunicacións por satélite, solucións a bordo de UAV e aplicación de intelixencia artificial.

Así, están involucrados en iniciativas relacionadas coas cargas de pago en drons e en satélites, así como en proxectos de exploración da Lúa. Exemplos desta última liña de traballo son o proxecto de Ampers para o desenvolvemento dun sistema de potencia híbrido para un rover lunar e o proxecto Antennas for Underground Communications, en cooperación co grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, para deseñar as futuras comunicacións en covas lunares.

No que atinxe ao campo de comunicacións por satélite e aplicación de tecnoloxías aeroespaciais, explica Aguado, “estase desenvolvendo unha carga útil de comunicacións láser de alta velocidade, con, eventualmente, capacidade de criptografía cuántica, que require así mesmo sistemas avanzados de apuntamento e control termo-mecánico baseados en algoritmos de intelixencia artificial”.

O grupo agarda ter finalizada a carga útil para ser embarcada nun prazo de dous anos e medio, “polo que actualmente estamos traballando para poder ter un novo lanzamento dun satélite demostrador no primeiro semestre de 2027”. Ademais, engaden, “estase valorando a posibilidade de incluír cargas de pago adicionais en colaboración con outras institución”.

Temas: tecnologíaUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Pep Moreno, Estrella Michelin: "Galicia tiene un productazo, pero debe perder miedo a ser moderna"

...

PorAlfredo Teja
01/07/2025
Propuesta ganadora de reforma // MAMarquitectura
Enfoque

Una piel de cristal con 'guiños' al mar gana el concurso para el 'nuevo' Concello de Vigo

...

PorÁngel Vila
01/07/2025
TELEMARIÑAS
Enfoque

Susto en el centro de Vigo al caer varias vigas sobre la acera y dañar un edificio

...

PorÁngel Vila
01/07/2025
Enfoque

La Xunta recurre ante los tribunales la suspensión de la licencia para el centro de asociacionismo de Vigo

...

PorMetropolitano
01/07/2025
Enfoque

Os retos e oportunidades da intelixencia artificial para a docencia universitaria

PorMetropolitano
01/07/2025

Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

02jul19:30Verbenas na Caridade - Música, bar y mercadillo en Vigo

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X