• Playas Cíes Vigo
  • Entradas Castrelos
  • Nuevos precios parque acuático
  • Viguesa desaparecida
  • Antigua estación buses
  • Crucero Disney Vigo
  • Supermercados Vigo
  • Bebé fallecido
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O satélite Humsat-D segue activo oito anos despois de ser lanzado ao espazo

O satélite Humsat-D segue activo oito anos despois de ser lanzado ao espazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/02/2022
ÚLTIMA HORA
Tragedia en Vigo tras fallecer un bebé en una piscina

O 21 de novembro de 2013, o foguete DNPER era lanzado desde o cosmódromo ruso de Yansy ao espazo, co satélite Humsat-D no seu interior. Desenvolvido ao abeiro do programa Basic Space Tecnology Initiative (BSTI) da Oficina de Espazo da ONU e co apoio da Oficina de educación da Axencia Espacial Europea (ESA) e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), Humsat-D foi deseñado, construído e operado polos integrantes da Agrupación Aeroespacial da UVigo, coordinada polos docentes e investigadores Fernando Aguado e José Antonio Vilán. O segundo cubesat que estudantes e docentes da UVigo lanzaban ao espazo, logo da posta en órbita de Xatcobeo o 13 de febreiro de 2012, tiña prevista unha vida útil de seis meses, pero finalmente foi operado ata o final da súa vida útil, durante case un ano. “En 2014, durante un pase de comunicacións, os enxeñeiros encargados da operación do satélite, deixaron de recibir as retransmisión de Humsat-D. Na órbita seguinte, puidemos comprobar que o satélite volvía a transmitir en modo survival, pero o día seguinte deixou de responder aos comandos e non volveu transmitir”, rememora Fernando Aguado. Aínda que nos seguintes dous meses, e logo de xeito puntual, se intentou operar e contactar non se recibiron novas transmisións, razón pola que consideraron que “o satélite estaba non operativo”, unha circunstancia á que tamén contribuíu o feito de que durante 2014, en xeral, e nos días previos ao último contacto, en particular, se produciu unha actividade solar moi importante que pode afectar aos satélites, “o que se considerou como posible razón da interrupción da transmisión”, explica o docente e investigador do centro atlanTTic da UVigo.

Non obstante, sete anos e 44.707 órbitas á Terra despois da que se pensaba fora a súa derradeira transmisión, un radioafeccionado captaba hai uns días unha transmisión que resultou ser do satélite da UVigo. “Hai uns días, a través dun contacto que realizou un radioafeccionado mediante unha rede social a SpaceLab preguntando o estado de Humsat-D, puidemos confirmar que o satélite estaba activo. O sinal recibido é sen dúbida o de Humsat-D”, confirma Aguado, que detalla que se repite dúas balizas, unha codificada en morse, que indica que é o cubesat da UVigo, e que inclúe o voltaxe da batería, “que parece que se atopa a un bo nivel”; así como a temperatura do amplificador do sistema de comunicacións. Nestes últimos días o sinal de Humsat-D, que se atopa a unha altura de 615 quilómetros, foi recibido na estación que se atopa na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, e tamén por parte de numerosos radioafeccionados en todo o mundo, incluída a rede de seguimento de satélites que operan na banda de radioafeccionados Satnogs.

Másnoticias

Porrigalia, verbeneo y sardiñadas, las citas para el finde del Día de Galicia en Vigo y área

Porrigalia, verbeneo y sardiñadas, las citas para el finde del Día de Galicia en Vigo y área

24/07/2026
Un herido tras un accidente múltiple en la A52, en As Neves, con cuatro vehículos implicados

Tragedia en Vigo tras fallecer un bebé en una piscina particular

24/07/2026

Recibir transmisións oito anos despois do lanzamento “é totalmente inusual”

O coordinador da Agrupación Aeroespacial da UVigo, Fernando Aguado

Humsat-D foi creado co obxectivo de ser o demostrador dun servizo de comunicacións punto a punto en aberto na banda de radioafeccionados, que permitiu comprobar que en pequenos satélites era posible prover un servizo coñecido hoxe como Internet das Cousas (IoT), unha tecnoloxía que, mellorada, se incluiría nos satélites Serpens e Lume da Uvigo, e, cuxa transferencia, posteriormente se realizou á spin-off Alen Space, que actualmente a comercializa a nivel mundial.

“Recibir transmisións oito anos despois do seu lanzamento é algo totalmente inusual neste tipo de satélites”, afirma categórico Fernando Aguado, que lembra que os fallos nas misións iniciais eran moi elevados, e entre os que funcionaban, se podía agardar unha vida media entre seis meses, con algúns casos, non habituais, de operacións durante catro ou cinco anos. “Os satélites como Humsat-D non inclúen redundancia e utilizan fundamentalmente compoñentes comerciais, e dependen tamén se se operan en máximo e mínimos solares, así como se se inclúe un shielding para minimizar a radiación”, explica Aguado, que sinala que a vida útil dos cubesats foi aumentando, respecto das primeiras misións. Tal é o caso o último satélite da UVigo, Lume, que segue a ser operado despois de dous anos e dous meses de ser lanzado, sen presentar ningún signo de degradación.

Recuperar a telemetría para saber que pasou

Unha vez restablecido o contacto con Humsat-D, os e as integrantes da Agrupación Aeroespacial están a traballar na recuperación, tanto do software, coma do hardware utilizado hai oito anos, xa que os novos satélites utilizan outros equipos e cómpre volver a montar unha nova estación de comando. “Esperamos poder poñela en funcionamento para, non só recibir datos de forma pasiva, senón tamén para intentar comandar o satélite e recuperar o rexistro do satélite e mensaxes de erro que, eventualmente, puideran darnos una pista do que sucedeu xustamente antes de pararse a comunicación”, explica o coordinador da Agrupación Aeroespacial da UVigo, que lembra que Humsat-D foi deseñado dunha forma moi similar a Xatcobeo, cunha mestura de subsistemas con compoñentes comerciais estándar (COTS) e outros, como o computador desenvolvido polo INTA, que incluía elementos específicos para misións espaciais protexidos para a radiación.

“O que si axuda a ter unha vida útil máis longa é que Humsat-D se deseñou coidando ao máximo as baterías, que é o elemento máis crítico, xa que ten un número limitado de ciclos, que depende de canto se descargan en cada órbita. Lembremos que o satélite orbita aproximadamente 14 veces ao día e xa orbitou máis de 44.000 veces a Terra, e no noso caso, deseñouse para que descargara menos do 15%”, detalla Fernando Aguado, que advirte que en calquera momento podería volver a perderse o contacto con Humsat-D. En calquera caso, as simulacións apuntan a que aínda estará en órbita, funcionando ou non, durante 15 anos máis, cumprindo así coa normativa internacional que esixe que os satélites de órbita baixa re-entren na atmosfera e se destrúan en non máis de 25 anos despois de rematada a súa misión, evitando así que perdure o lixo espacial e permitindo o lanzamento de novos satélites.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un herido tras un accidente múltiple en la A52, en As Neves, con cuatro vehículos implicados
Enfoque

Tragedia en Vigo tras fallecer un bebé en una piscina particular

...

PorÁngel Vila
24/07/2026
Nigrán estrena una gran escultura en el paraíso de A Ramallosa: "Es espectacular, estamos impresionados"
Enfoque

Nigrán estrena una gran escultura en el paraíso de A Ramallosa: "Es espectacular, estamos impresionados"

...

PorÁngel Vila
24/07/2026
Enfoque

Vigo dice "sí" a la Xunta y le urge a devolver la estación de buses para un gran parque y zonas de ocio

...

PorMiguel Alonso
24/07/2026
Proponen una intermodal en O Porriño que combine buses, tren, bicis y taxis
Enfoque

Proponen una intermodal en O Porriño que combine buses, tren, bicis y taxis

...

PorMiguel Alonso
24/07/2026
El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria
Enfoque

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

PorMetropolitano
24/07/2026

El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

GRACIAS

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia
Enfoque

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia

PorMetropolitano
24/07/2026

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X