• Festivos Vigo 2026
  • Festas do Cristo
  • BAP Unión Vigo
  • Calendario Escolar
  • Heladería de moda
  • Película en Galicia
  • Abuela vegana
  • Nuevo local Bouzas
  • Votación murales
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O TSXG confirma a sentenza que declara ilegais os servizos mínimos da folga dos bombeiros de Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
20/10/2020

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de confirmar a sentenza ditada polo tribunal do contencioso administrativo número 1 de Vigo que declaraba ilegais os servizos mínimos impostos polo Goberno local na folga indefinida que manteñen os bombeiros da cidade dende hai máis dun ano para rexeitar o decreto municipal que os obriga a facer horas extra e a traballar en días de descanso.

Segundo denuncia o secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, este novo revés xudicial volve deixar ás claras que o Goberno de Abel Caballero, en lugar de procurar unha saída dialogada ao conflito laboral, insiste na vulneración de dereitos e na adopción de medidas arbitrarias. “Estaba claro que coa fixación duns servizos mínimos do 100% o único que se pretendía era sabotar unha folga legal, vulnerando un dereito fundamental”.

Másnoticias

Vigo ganará un nuevo 'obrador-brunch' con los sabores venezolanos que ya arrasan en la ciudad

08/09/2025

Detenido en Vigo un hombre que acostumbra a proferir insultos homófobos en la calle

08/09/2025

Ao mesmo tempo, Gonçalves lembra que o decreto municipal que obriga os bombeiros a facer horas extra e a traballar en días de descanso foi declarado ilegal, ao igual que os servizos mínimos decretados na folga indefinida convocada precisamente para rexeitar un decreto que os propios afectados cualifican como “escravista”. “E temos plena confianza de que os xulgados volverán a darlle a razón aos bombeiros na demanda penal presentada pola CIG o pasado mes de agosto para que se depuren responsabilidades diante de tanto abuso”, sinala o máximo dirixente da CIG-Vigo.

Dende a central esixen “con absoluta firmeza” que o Goberno local de Vigo “deixe de xogar” e que coa seguridade da veciñanza e que procure unha fórmula negociada para garantir a operatividade do servizo de bombeiros sen que sexa a costa do sobreesforzo dos traballadores, coas conseguintes consecuencias sobre a súa saúde laboral e sobre a súa capacidade de intervención.

“Nós entendemos que Vigo non pode ter un servizo de bombeiros baseado na realización de milleiros de horas extra obrigatorias e na privación do descanso a profesionais que teñen que estar en plenas condicións físicas e mentais; precisamos un corpo de bombeiros dotado dun número suficiente de efectivos e que estea ben organizado”, afirma Gonçalvez.

Ademais, considera que este conflito non se vai resolver “nin con xordeira nin con autoritarismo, que é o único que ten posto enriba da mesa o Goberno de Caballero, e singularmente a concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, que se non quere ser parte da solución, que se aparte e polo menos que non sexa parte do problema; ou que sexa o alcalde a que a aparte,porque non podemos seguir nin unha semana máis así, porque esta situación é insostíbel”.

Neste senso, reclama a apertura dun diálogo “real e honesto que procure solucións, porque Vigo sen bombeiros non é segura; e se non o entenden polas boas, a CIG, como primeira forza sindical nesta cidade, seguiremos a apoiar con toda a nosa capacidade organizativa e de mobilización as xustas reivindicacións do colectivo de bombeiros”.

Temas: Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo ganará un nuevo 'obrador-brunch' con los sabores venezolanos que ya arrasan en la ciudad

Vigo sumará un nuevo espacio para desayunos, brunchs y mucho más. Un auténtico "viaje a Venezuela" que ya arrasa en la ciudad

PorAlfredo Teja
08/09/2025
Enfoque

Detenido en Vigo un hombre que acostumbra a proferir insultos homófobos en la calle

Detenido en Vigo por delito de odio un varón. El arresto se produjo por insultar e increpar a varias personas por su orientación sexual

PorEuropa Press
08/09/2025
Enfoque

Salvaterra da un paso para 'revolucionar' uno de sus grandes reclamos turísticos

Salvaterra busca un nuevo proyecto para actualizar el Museo da Ciencia do Viño. Una transformación con una apuesta por lo digital

PorMetropolitano
08/09/2025
Vista de la sierra quemada, a 7 de septiembre de 2025, en Casaio, Ourense, Galicia (España).
- Rosa Veiga - Europa Press
Enfoque

La bajada de temperaturas alivia la situación del incendio ourensano de Carballeda de Valdeorras

Dan por estabilizado el incendio de Carballeda de Valdeorras. Este fuego de Ourense ya ha calcinado cerca de 850 hectáreas

PorEuropa Press
08/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X