• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Once proxectos conectarán a formación de máis de 700 estudantes da UVigo co servizo á comunidade

Once proxectos conectarán a formación de máis de 700 estudantes da UVigo co servizo á comunidade
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
03/08/2023

Que o alumnado poida adquirir as competencias propias da súa titulación á vez que realiza un servizo á comunidade é o propósito da metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS), a partir da que se articulan os once proxectos que permitirán a máis de 700 alumnos e alumnas contribuír ao labor dunha vintena de asociacións e colectivos. Trátase das once iniciativas seleccionadas na convocatoria de proxectos de ApS no marco da Axenda 2030 e dos seus ODS promovida pola Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade para o vindeiro curso. Coa participación de alumnado dunha quincena de graos e mestrados, estes proxectos levarán ao estudantado a traballar en iniciativas relacionadas coa sostibilidade alimentaria, o turismo inclusivo, o asesoramento tributario, a promoción de hábitos saudables ou os efectos da desinformación.

Como recolle a convocatoria da cuarta edición desta iniciativa, os proxectos de ApS permiten que o alumnado adquira tanto as competencias propias da súa titulación como outras relacionadas “co compromiso ético, a responsabilidade social ou o traballo en equipo”, á vez que traballa “en necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala”.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

Ao mesmo tempo, esta iniciativa busca contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), con proxectos que poñen o foco na igualdade e na inclusión, na saúde e no benestar, na protección do medio ambiente ou no dereito a unha educación de calidade. Os diferentes proxectos levaranse a cabo ao longo do curso 2023/2024 e contarán co asesoramento da Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade. Seis deles desenvolveranse no campus de Ourense, tres no de Pontevedra e dous no de Vigo.

Alimentación e turismo inclusivo

Coa participación de alumnado do Grao en Enxeñaría Agraria e do Máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental, un dos seis proxectos que se levará a cabo en Ourense será "Conservando km. 0", co que colabora a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Ardecou). Coordinado por Inmaculada Franco, nel o estudantado informará a asociacións rurais sobre diferentes aspectos relacionados coa composición, calidade e conservación de froitas e verduras.

Ligado á mesma temática, "Alimentando un futuro sostible" implicará a alumnado dos graos en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais e Enxeñaría Agrícola, así como do Máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Industrial. Coa colaboración do IES Eduardo Blanco Amor, Down Ourense e a asociación veciñal Rabo de Galo, o proxecto que coordina Sidonia Martínez pretende formar a diferentes sectores da poboación sobre hábitos de consumo alimentario saudables e respectuosos co medio ambiente.

A necesidade de dotar á cidadanía de maior formación alimentaria e nutricional é tamén o punto de partida de "Lendo etiquetas para coordinar a miña saúde", o proxecto que coordinan Raquel Rial e Beatriz Cancho. Nel, estudantes do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos prepararán material didáctico e levarán a cabo obradoiros que amosen aos escolares como interpretar a información recollida no etiquetado dos alimentos.

Coa colaboración da ONCE e Down Ourense, outro dos proxectos seleccionados é "Turismo con sentido", unha iniciativa coordinada por Elisa Alén González e centrada no deseño dun produto turístico inclusivo que, á vez que poña en valor o patrimonio, poida ser gozado por persoas con discapacidade funcional ou intelectual.

A ONCE, xunto á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e Museo Etnolóxico de Rivadavia, colaborará tamén co proxecto "Educa para a diversidade, transforma a sociedade", no que participará alumnado do Grao en Traballo Social. Coordinado por María José Vázquez Figueiredo, as e os estudantes elaborarán un produto multimedia sobre discapacidade auditiva ou visual, no que reflexionen sobre os avances e retos que ten este museo en materia de inclusión.

Por outra banda, os beneficios da música para a estimulación temperá das crianzas constitúe o punto de partida de "MúsiCA(c)TIVA: sesións musicais en escolas infantís do rural ourensán". Coordinado por Lucía Casal, este proxecto levarase a cabo nas escolas infantís de Coles, Pereiro de Aguiar e Toén, para as que o alumnado do Grao en Educación Infantil deseñará unha sesión lúdico-musical centrada na percepción e expresión musical.

Aprendizaxe no hospital e asistencia tributaria

No caso do campus vigués, o próximo curso desenvolverase unha nova edición de "Aprender xogando nun hospital", un proxecto coordinado por Eduardo Suárez. Nesta iniciativa, o alumnado do Grao en Enxeñaría Biomédica terá que deseñar, construír e probar un dispositivo funcional, a partir dos coñecementos adquiridos nas materias da área de mecánica de fluídos, que deberá ser adecuado para o seu uso infantil, para finalmente presentarllo aos pacientes do servizo de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Unha decena de asociacións de carácter social e empresarial colaborarán co proxecto Aprendizaxe en dereito tributario e servizo á sociedade, que coordina Jaime Aneiros e no que participarán estudantes dos graos en Dereito, Relacións Laborais e Dirección e Xestión Pública, así como do Máster en Avogacía. O seu obxectivo é que o alumnado poida colaborar con estas organizacións sociais prestando asistencia xurídico-tributaria a persoas ou colectivos que non contan cos recursos económicos necesarios para acceder a profesionais do ámbito tributario.

Da desinformación á soberanía alimentaria

No caso de Pontevedra, un dos proxectos seleccionados é "Dixitais. Laboratorio cidadán para a competencia dixital e mediática", que levará ao alumnado de Comunicación Audiovisual a traballar no deseño de vídeos de carácter divulgativo que poñan o foco na problemática da desinformación e as fake news e os seus efectos sobre diferentes colectivos. Coordinado por Alberto Dafonte, trátase da quinta edición dunha iniciativa no que o alumnado contará co asesoramento da ONG Ecos do Sur.

Outro dos proxectos que se levará a cabo neste campus será "Melloras de xestión das entidades asociativas por transferencia de coñecementos" do Grao de Dirección e Xestión Pública, unha iniciativa de Sara Torres que dá continuidade a ApS previos realizados co Centro Comercial Urbano Zona Monumental. Nesta ocasión, a actividade estará dirixida a que un estudante elabore un plan de acción de mellora continua para esta entidade no marco do seu traballo de fin de grao.

Coa participación tamén do alumnado de Dirección e Xestión Pública e coordinado por Rosa Ricoy, o proxecto "SOS-tenibilidade ambiental" levarase a cabo coa entidade ecoloxista Amigas da Terra. O seu obxectivo é que o alumnado poida promover documentos, debates e xornadas que fomenten a reflexión e a comprensión de dúas problemáticas, a soberanía alimentaria e o impacto da transición enerxética sobre determinandos colectivos, conectando en ambos casos o debate coas iniciativas levadas a cabo por esta entidade en Honduras.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

...

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua
Enfoque

Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua

...

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA
Enfoque

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

...

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

...

PorIván Dacal
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X