• Festa furancheira
  • Festa da Sardiña Vigo
  • Perreo en Vigo
  • Gen Z y ocio nocturno en Vigo
  • Chenoa
  • Amancio Ortega
  • Pueblo bonito de Galicia
  • Nuevo chiringuito
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Os alcaldes socialistas piden á Xunta 250 millóns para os sectores aos que esixe o peche

Os alcaldes socialistas piden á Xunta 250 millóns para os sectores aos que esixe o peche
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
16/01/2021

Os 22 alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia de Pontevedra acordaron hoxe “esixir” á Xunta de Galicia a transferencia inmediata de 250 millóns de euros, con criterios regrados, entre tódolos concellos de Galicia para que sexa a Administración local, a máis próxima á cidadanía e “á primeira porta á que chama a xente cando hai un problema”, a que reparta as axudas aos sectores máis afectados pola pandemia de COVID19. Así se acordou nunha xuntanza telemática na que tamén participaron oito tenentes de alcalde dun partido que goberna a 600.000 dos algo máis de 900.000 veciños e veciñas da provincia. Un encontro no que tamén tiveron voz a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e os presidentes das federacións española (FEMP) e galega (FEGAMP) de municipios e provincias, Abel Caballero e Alberto Varela.

O municipalismo pontevedrés expresa a súa “fartura” co Goberno galego, ao que acusan de estar “sempre preocupado pola confrontación como estratexia para eludir as súas responsabilidades”. Os alcaldes sumáronse aos colectivos que defenden que o mesmo día en que a Xunta acorde pechar ou restrinxir un sector debe aprobar as indemnizacións correspondentes. Ademais, diante do que tildan de “incapacidade da Xunta para xestionar axudas cribles e trazables”, ofrecéronse para que, unha vez transferidos eses 250 millóns (en torno a 120 millóns por cada un dos dous anos da pandemia), os concellos sexan o portelo único onde se tramiten e resolvan as axudas reais “con cartos contantes e sonantes en lugar do fume da propaganda institucional”.

Másnoticias

Besteiro conoció "por una tercera persona" un caso de acoso contra Tomé y "animó a denunciar"

Besteiro cree que la imputación de Zapatero acabará "positivamente": "Viví algo similar"

25/05/2026
El alcalde de Palas, sobre Altri: "Siempre dijimos que si había aval técnico, tendría apoyo a muerte"

Exigen a la Xunta que dicte el archivo de Altri y "despejar dudas" sobre acuerdos "bajo la mesa"

24/05/2026

“Os concellos, afogados”

O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, lembrou que a Xunta de Galicia ten recibido xa 1.193 millóns de euros extraordinarios do Goberno de España para atender tódalas frontes derivadas da COVID19 e non transferiu nin un só euro aos concellos galegos, a pesar de que estes asumiron subvencións directas ás súas pequenas empresas e autónomos, exencións e bonificacións fiscais e mesmo gastos por competencias impropias como as desinfeccións de colexios e espazos públicos. Máis aínda, viron “disparados” os gastos das políticas sociosanitarias, entre as que destaca xa o custo do Servizo de Axuda no Fogar, competencia exclusiva da Xunta de Galicia, e no que a Xunta abona menos da metade do custe real do servizo. “Os concellos están afogados, algúns repartiron case o 5% do seu Orzamento en axudas directas, e Feijoo pretende que sexan eles os que sigan pagando case en solitario a factura da pandemia”.

A Deputación de Pontevedra achegou, pola súa parte, 28 millóns de euros de anticipos da súa recadación tributaria, “antes de ter cobrado un só euro”, explican, ademais de dous fondos extraordinarios dotados con 1,3 millóns de euros e 365.000 euros durante o ano pasado. Este mesmo ano, a Deputación xa comprometeu co seu Orzamento 2021 outros seis millóns de euros englobados dentro da nova liña de flexibilidade do Plan Concellos.

Axudas da Xunta “embarulladas e pouco transparentes”

O secretario xeral provincial demandou unha explicación detallada, “partida a partida” do destino deses 1.193 millóns de euros “que a Xunta meteu non sabemos onde, aínda que sospeitamos que, parcialmente, acabaron nas súas carísimas campañas de publicidade, que, dende logo, non son a prioridade cando tantos sectores, como a hostelería, o lecer nocturno, o turismo e a cultura estano a pasar realmente mal”. Regades engadiu que as axudas están “embarulladas” con convocatorias “redundantes, difíciles de tramitar e moi, moi pouco transparentes”. “As contas da Xunta sobre as axudas repartidas nin as cren os profesionais da hostelería, nin ninguén”, concluíu.

Acordo das tres deputacións

Durante a xuntanza do municipalismo socialista tomouse nota de que as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo xa acordaron conxuntamente demandar da Xunta de Galicia rebaixas na súa carga impositiva sobre os sectores produtivos afectados e sobre a cidadanía, nomeadamente nos canons da auga, do lixo (Sogama) e o tramo autonómico do IRPF para o caso dos negocios afectados. Estas mesmas exencións, subliñouse, servirían para que os concellos puideran trasladar rebaixas directas na factura da auga e do lixo que pasan á veciñanza e ao comercio, dado que os impostos autonómicos van “ocultos” e a maior parte dos contribuíntes descoñecen que tamén están a pagar fiscalidade autonómica no recibo municipal.

“Isto non é outra disputa entre Adminstracións, é un basta xa”, expresaron varios representantes municipais. “Non é posible seguir tolerando as faltas de respecto institucional dunha Xunta de Galicia completamente antimunicipalista”, afirmou David Regades.

Temas: coronavirusPSdeG-PSOE
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El nuevo fenómeno gastro que arrasa en redes sociales aterriza en un restaurante asiático de Vigo
Enfoque

El nuevo fenómeno gastro que arrasa en redes sociales aterriza en un restaurante asiático de Vigo

¿Conoces el nuevo formato para tomar sushi por la calle? Un restaurante de Vigo apuesta por el nuevo fenómeno gastro que está triunfando

PorSara Rodríguez
07/06/2026
Redondela se compromete a mantener el Servizo de Axuda no Fogar, "absoluta tranquilidad"
Enfoque

Redondela se compromete a mantener el Servizo de Axuda no Fogar, "absoluta tranquilidad"

La alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, responde tras el rechazo de la oposición. Asegura que se mantendrá el Servizo de Axuda no Fogar

PorMetropolitano
07/06/2026
Ponteareas, protagonista en la visita del Papa León XIV a España con una alfombra del Corpus Christi
Enfoque

Ponteareas, protagonista en la visita del Papa León XIV a España con una alfombra del Corpus Christi

Unos 24 alfombristas de Ponteareas dirigen a los 160 voluntarios que han confeccionado la alfombra. Así engalanaron la visita del Papa León XIV

PorEuropa Press
07/06/2026
El muelle de Cíes se convierte en pista de aterrizaje para evacuar a una turista italiana
Enfoque

El muelle de Cíes se convierte en pista de aterrizaje para evacuar a una turista italiana

El domingo no ha acabado como lo esperaba para una turista en las Cíes. Un helicóptero la ha tenido que evacuar al hospital de Vigo

PorMetropolitano
07/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03jun(jun 3)18:0007(jun 7)21:30Festa da Coca de RedondelaFIESTAS | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X