• Alerta calor Galicia
  • Terrazas en Vigo
  • Visitas Illa Tambo
  • San Xoán Vigo
  • Playa fluvial Portugal
  • Urbanismo Vigo
  • Hogueras Vigo San Xoán
  • Conciertos Peregrina
  • O Son da Muralla
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Os cambios climáticos deron forma á distribución actual dos arrecifes de coral nas zonas tropicais

Os cambios climáticos deron forma á distribución actual dos arrecifes de coral nas zonas tropicais
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
14/06/2022

Os cambios no clima pasado e a distribución do hábitat de augas pouco profundas deron forma á distribución actual dos arrecifes de coral. Esta é a conclusión principal do estudo internacional desenvolvido polo investigador do Mapas_Lab da UVigo Lewis A. Jones xunto con outros catro científicos do University College London e da University of Bristol. As conclusións desta investigación acaban de ser publicados pola revista Nature Communications e, segundo indican os autores, “poden ter un alto impacto no noso campo de estudo”.

Jones incorporouse á Universidade de Vigo hai un ano procedente do Imperial College London, para formar parte do Mapas Lab, liderado pola Starting Grant Sara Valera. O laboratorio, que forma parte do Grupo de Ecoloxía Animal do Centro de Investigación Mariña da UVigo, céntrase en estudar os procesos de evolución e extinción nos últimos 540 millóns de anos, é dicir, onde aparece e desaparece a biodiversidade ao longo do tempo, xerando mapas paleoclimáticos para ese período e tamén programando modelos que simulen os mecanismos de diversificación da vida. A investigación que este martes publica Nature Communications foi precisamente desenvolvida durante esta primeira etapa do investigador británico na UVigo. O artigo, titulado Climatic and tectonic drivers shaped the tropical distribution of coral reefs, está asinado ademais de por Jones, por Philip D. Mannion, do University College London e por Alexander Farnsworth, Fran Bragg e Daniel J. Lunt, da University of Bristol.

Másnoticias

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

19/06/2026
La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

18/06/2026

Os bosques tropicais do mar

Na actualidade, estes ecosistemas atópanse concentrados nos trópicos e subtrópicos (<35º de latitude), onde as temperaturas mínimas da superficie do mar non baixan dos 18ºC. Arredor deles viven organismos asociados, como corais ou peixes de arrecife, convertendo os arrecifes de coral de augas cálidas no sustento “da maior biodiversidade de organismos mariños da Terra”, sendo coñecidos como os "bosques tropicais do mar". Unha proporción substancial desta biodiversidade localízase no arquipélago Indo-Australiano, “sendo esta rexión un punto crítico de biodiversidade mariña”. Pero a distribución dos arrecifes non foi sempre a mesma, xa que no pasado xeolóxico, explica Jones, “os ecosistemas de arrecifes de coral tamén se localizaban máis aló dos trópicos e, de feito, téñense atopado restos fósiles en latitudes > 40º”. O obxectivo deste equipo internacional, do que forma parte o investigador do Mapas_ Lab é determinar cales foron as causas de diferenzas tan marcadas na distribución dos arrecifes no pasado. O estudo realizouse neste último ano, dende que Jones chegou á UVigo o pasado verán, e como el mesmo explica, adoptaron “un enfoque interdisciplinar innovador para probar se o clima impulsou a distribución espacial dos arrecifes de coral no pasado xeolóxico”.

Como relata Jones, “o clima tense postulado como o principal impulsor das distribucións do pasado dos arrecifes de coral”. Así, os estados de clima máis cálido provocarían máis distribucións de arrecifes de coral cara os polos, mentres que os estados de clima máis frío deberían conducir a distribucións restrinxidas a latitudes tropicais. Non obstante, apuntan os investigadores, “os traballos previos non foron quen de atopar unha forte relación entre a temperatura global e a distribución latitudinal dos arrecifes de coral”. Os científicos recoñecen que aínda que isto poida resultar sorprendente, “o rexistro fósil é intrinsecamente incompleto e nesgado, xa que non todos os restos de organismos ou ecosistemas que persistiron no pasado están rexistrados no rexistro fósil”. Ademais, engaden, o feito de centrar os esforzos das mostraxes no hemisferio norte provoca un rexistro nesgado. Tanto é así que algún traballos previos demostraron que o factor individual máis importante que explica a distribución da mostraxe de arrecifes antigos que foron é o PIB, xa que a maioría dos datos coñecidos de arrecifes fósiles proveñen de países ricos.

Fronte a este reto, o equipo internacional deste estudo decidiu empregar modelos de idoneidade do hábitat e reconstrucións do paleoclima para predicir a distribución do hábitat adecuado para os arrecifes de coral durante os últimos ~247 millóns de anos en función das súas tolerancias actuais. “Despois validamos as nosas predicións empregando os datos de ocorrencia de fósiles de arrecifes de coral de augas cálidas” e demostraron que “unha distribución latitudinal máis ampla de hábitat climaticamente adecuado persistiu entre hai 247 e 37 millóns de anos debido a condicións climáticas máis cálidas e unha distribución máis uniforme do substrato mariño pouco profundo”. Porén, a área de hábitat climaticamente adecuado nesgouse cada vez máis cara os trópicos dende hai 37 millóns de anos como consecuencia do arrefriamento global e o aumento do substrato mariño tropical pouco profundo como resultado da evolución tectónica do arquipélago indoaustraliano.

Así, a conclusión clave do estudo é que os cambios no clima pasado que impactaron na temperatura da superficie do mar, así como a distribución do hábitat de augas pouco profundas deron forma á distribución actual dos arrecifes de coral”. Con todo, aínda que os resultados suxiren que o quentamento global podería permitir expansións a longo prazo cara os polos, “é pouco probable que os ecosistemas de arrecifes de coral sigan o ritmo da rápida taxa de cambio climático antropoxénico”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Gran afluencia a las playas de Vigo y área antes de que se active la doble alerta por la ola de calor
Enfoque

Nuevo aparcamiento gratuito en el área de Vigo, Nigrán habilita este parking junto a Playa América

...

PorUxía Pérez
21/06/2026
La Xunta de Galicia aprueba los festivos de 2027, así será el calendario laboral con San Juan laborable
Enfoque

¿Está prohibido fumar en las playas de Vigo? El Concello responde sobre multas, colillas y polémicas

...

PorAlfredo Teja
21/06/2026
Continúa el reparto de agua en Vilardevós y la retirada de piedras y árboles en Viana do Bolo tras las riadas
Enfoque

Continúa el reparto de agua en Vilardevós y la retirada de piedras y árboles en Viana do Bolo tras las riadas

...

PorPaula Carballo
21/06/2026
Rueda urge un Estatuto Marco para médicos, "si cambia el gobierno, habrá que exigir con más potencia"
Enfoque

Rueda urge un Estatuto Marco para médicos, "si cambia el gobierno, habrá que exigir con más potencia"

...

PorPaula Carballo
21/06/2026
El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario
Enfoque

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

PorMiguel Alonso
19/06/2026

Casas, ánforas y un asentamiento milenario, la Universidade de Vigo destapa los secretos del castro de Punta Cantodorxo, en O Grove

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

23jun22:30Noite das Fogueiras do Casco VelloSAN XOÁN | GRATIS | VIGO

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

26jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X