O Concello de Mos fixo entrega entre hoxe, e continuará mañá, dos aparatos medidores de CO2 esixidos pola Xunta de Galicia para permitir a apertura de restaurantes na quenda das cenas. O municipio repartirá os aparellos a un total de 75 locais, o 100% dos negocios de hostelería de Mos, tanto restaurantes como bares, cafeterías e taperías.
Os medidores están sufragados ao 50% polo Concello, mentres que do 50% faise cargo RodaVigo, unha empresa local fabricante dos mesmos. Esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o director xeral de RodaVigo, Nazario Correa, achegáronse a repartir os aparellos nunha xornada na que o director xeral da compañía, Nazario Correa, quixo agradecer ao Concello de Mos “que aceptaran esta proposta co fin de ofrecer unha axuda no Plan de Hostalería Segura de Galicia”. Indicou que “nestes tempos tan difíciles de pandemia, é necesario que as empresas e as institucións políticas poidan chegar a acordos que supoñan un beneficio social. Somos conscientes das dificultades económicas e loxísticas que supón para a hostalería de Mos adquirir os medidores de CO2. Cando propuxemos facilitar a distribución e asumir os custos entre as dúas partes, aceptaron de inmediato e puxeron todas as facilidades posibles”. O ano pasado empresa doou 2.000 máscaras infantís FFP2 para as nenas e nenos do municipio. Con este tipo de accións, Nazario cre que tamén “poden servir de exemplo para que outras empresas e municipios se sumen a estas iniciativas e sexan máis solidarios”.
A rexedora local, pola súa parte, agradeceulle aos hostaleiros mosenses “a súa valentía por seguir adiante nestes tempos difíciles” e desexoulles “moito ánimo e moita forza para continuar remontando na súa actividade profesional”. Coa obrigación de implantar medidores de CO2 para controlar a calidade do aire nos establecementos, e ante as dificultades de atopar estes dispositivos en cadeas de electrodomésticos locais, os propietarios lánzanse de inmediato a Internet, algo que xa non terán que facer neste caso os hostaleiros mosenses.
Tomiño busca emprendedores para cuatro de los puestos de su Mercado Municipal. Así son los espacios que ofrecen
Unos ladrones aprovecharon la noche de Halloween en Vigo para entrar en viviendas. La Policía Nacional investiga varios robos
La Policía Nacional detuvo a la autora de la agresión mortal, que tuvo lugar poco antes de las 19:00 horas de este jueves
El área de Vigo puede ganar un nuevo 'hotel boutique' con 9 suites y zona de restauración. Así quieren revivir este histórico edificio
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL