• Próxima apertura Vigo
  • Muerto A Guarda
  • Nuevo mercado Vigo
  • "Paraíso" de Galicia
  • San Xoán Poio
  • Tardeo Vigo
  • Precios Parque Acuático
  • Feria Libro Redondela
  • Miradores Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Os investigadores da UVigo Jianbo Xiao e Francisco J. Barba, entre os máis citados do mundo en 2021

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
16/11/2021

A clasificación Highly Cited Researchers, feita pública este martes, sitúa dous investigadores da Universidade de Vigo entre os máis citados do mundo en 2021: Francisco J. Barba e Jianbo Xiao. Esta clasificación, elaborada por Clarivate, inclúe 6600 expertos e expertas de 70 países que “demostran unha influencia significativa no seu campo ou campos de investigación elixidos a través da publicación de múltiples artigos altamente citados durante a última década”, como explican dende a organización. Os nomes das investigadoras e investigadores altamente citados son extraídos das publicacións que ocupan o 1 % superior por citas por campo e ano de publicación no índice de citas de Web of Science. No caso dos dous científicos da UVigo, ambos traballan no ámbito da ciencia e tecnoloxía dos alimentos e aparecen incluídos neste listado internacional no ámbito das Ciencias da Agricultura.

Neste índice internacional tan só aparece outro investigador con filiación nunha institución galega, en concreto Juan José Nieto, da Universidade de Santiago de Compostela. No chanzo máis alto da clasificación seguen a estar as universidades e organismos de EEUU, pero comezan a ceder terreo fronte á presenza de investigadores da China continental. España, pola súa banda, está no noveno posto de países con máis investigadores altamente citados.

Másnoticias

Foto de archivo de un mercado de ropa (Foto: Freepik).

Aterriza en Vigo un nuevo mercado con joyas artesanales y ropa de segunda mano

08/06/2025

Vigo se prepara para lo que será el primer local del nuevo Barrio do Cura

08/06/2025

Un recoñecemento que acada un de cada 1000 investigadores

Jianbo Xiao, científico do grupo Investigacións Agroambientais e Alimentarias, é un dos dous científicos da UVigo no Highly Cited Researchers 2021. A súa investigación céntrase no eido da nutrición, a alimentación e a seguridade, en concreto, como el detalla, “en entender o rol dos bioactivos compostos no manexo e control da diabetes, do mesmo xeito que tamén aplico unha nova tecnoloxía baseada na autenticidade da comida”.

Esta é a quinta vez que Xiao aparece na clasificación publicada por Clarivate, un fito do que se amosa moi satisfeito, xa que “da poboación de científicas e científicos do mundo, só conseguen chegar a estar entre os investigadores máis citados 1 de cada 1000”, explica. Na edición de 2021 desta listaxe, recóllense 382 publicacións de Xiao, coas que acumula 9195 citas. O seu artigo máis citado aborda as interaccións recíprocas entre polifenois e microbiota intestinal e os efectos sobre a bioaccesibilidade. Recalca a importancia de ter sido incluído neste ránking, no que se “identifica e celebra a excepcionalidade individual dos investigadores que están a ter un grande impacto na comunidade científica polo gran número de citacións en traballos doutros profesionais do eido”.

Xiao chegou á Universidade de Vigo en 2020 ao abeiro do programa de captación de talento HCR e, tras uns primeiros meses en Vigo, amósase contento con este cambio de destino que o trouxo de Macau a Galicia. “A UVigo deume moitas facilidades na investigación e ademais gústame moito a contorna e a cultura de aquí; presentareilles a UVigo a máis científicos chineses para promover a cooperación entre China e España”.

O outro representante da Universidade de Vigo no Highly Cited Researchers 2021 é Francisco J. Barba, investigador honorífico da UVigo dende hai un ano, que conta nesta listaxe con 239 publicacións coas que acumula 9692 citas. O seu artigo máis citado é Aplicacións actuais e novas oportunidades para o uso de campos eléctricos pulsados na ciencia e na industria dos alimentos. Como investigador honorífico, Barba continúa impartindo docencia na súa institución de orixe, a Universitat de València, pero colabora en diversos proxectos de investigación que a UVigo desenvolve no eido das ciencias e tecnoloxías dos alimentos, relacionados coa valorización de subprodutos da industria agroalimentaria mediante procesos non convencionais para a extracción de nutrientes e compostos bioactivos e a avaliación do procesado non térmico sobre características nutricionais e compostos bioactivos de alimentos. Barba xa formou parte desta listaxe en 2019 e 2020.

EEUU á cabeza, pero con China en forte crecemento

Nesta edición 2021 do Highly Cited Researchers Estados Unidos segue estando á cabeza, con 2622 investigadores altamente citados en 2021, o que supón un 39,7% do total, por debaixo do 43,3% de 2018. A pesar deste descenso, EEUU continúa sendo o país máis influínte na I+D e cinco das dez primeiras institucións neste ránking son estadounidenses. O primeiro posto é para a Universidade de Harvard, que se conslida como a institución con maior concentración de Highly Cited Researchers do mundo: 214.

China continental ocupa o segundo lugar este ano, con 935 investigadores altamente citados, un 14,2 % do total, fronte ao 7,9 % de 2018. En catro anos, o país asiático case duplicou a súa presenza entre os investigadores altamente citados. No que se refire a España, aparece no posto 9 do mundo, con 109 investigadores e investigadoras nesta lista, o que representa o 1.7% do total. Con respecto ao 2018, esta cifra reduciuse no -0.2%.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Aparece muerto un hombre flotando en el mar en A Guarda

...

PorMetropolitano
08/06/2025
Enfoque

Vigo se prepara para lo que será el primer local del nuevo Barrio do Cura

...

PorGabriel González
08/06/2025
Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X