Vigo converteuse nunha pasarela de moda. Non era unha cuestión de amosar as novas tendencias, senón de facer unha inmersión nos traxes que marcaron ás galegas e aos galegos. O evento tivo lugar na sede da Deputación de Pontevedra en pleno corazón da urbe galega. O éxito de asistencia foi tal que a pasarela chegou ata o exterior do edificio situado no Casco Vello vigués.
O desfile de traxe tradicional galego permitiu admirar a impresionante colección da Asociación Etnográfica Sete Espadelas. 60 traxes de muller e home de diferentes clases sociais dos séculos XVIII e XIX e de diferentes comarcas de Galicia exhibíronse nesta cita que contou entre os modelos coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, e os deputados provinciais Victoria Alonso, Gorka Gómez, Isaura Abelairas ou Santos Héctor. .
O desfile de traxe tradicional permitiu observar xoias como panos de manila, algúns con 200 anos antigüidade. A gala foi unha posta en valor non só do traballo da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, senón que supón coñecer ese patrimonio inmaterial da nosa cultura.
O traballo desta asociación está recompensado con numerosos galardóns, como os 25 primeiros premios do certame anual de Santiago ou os once de investigación sobre traxe tradicional galego. O portavoz de Sete Espadelas, José Luis Rodríguez, sinalaba días atrás en Vigo que o pasado ano, a exposición que estivo no Museo de Pontevedra, “Galicia, a terra dos mil panos” recibiu 11.000 visitas só nun mes e vendeu 400 catálogos na primeira semana.
Ikea ha anunciado un nuevo espacio en Vigo con muchas novedades en la ciudad. Decoración, su nueva colección y la línea Ikea Food
Tres responsables del astillero Cardama de Vigo se enfrentan a prisión. El juicio se refiere al accidente laboral mortal ocurrido en 2022
Este proyecto de Tomiño supondrá la puesta en valor de joyas patrimoniales como la iglesia románica, el Tetón o la Torre de Tebra
En un barrio de Vigo donde las luces navideñas no llegan, unos vecinos han decidido organizar su propio encendido
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL