Villagarcía de Arosa*. Sangenjo*. Bayona*. La Guardia*. Puenteareas*. Oya*. Panjón*. Así até unha listaxe interminable de topónimos alterados. Os grandes da internet, nomeadamente Google, continúan a incumprir as leis que afectan á toponimia de Galicia e inclúen nos seus buscadores e servizos de mapas online nomes que non obedecen nin ó uso, nin á legalidade, nin á coherencia.
Falando de legalidade non existen dúbidas. “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”. Así o establece a Lei 3/1983 de Normalización Lingüística quen engade que unicamente é a Xunta de Galicia a encargada de determinar “nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia”. O propio Parlamento de España aprobou en 1998 a lei “sobre el cambio de denominación de las provincias de La Coruña y Orense”, recoñecendo que “la actual provincia de La Coruña se denominará oficialmente A Coruña, en concordancia con el nombre oficial de A Coruña que tiene reconocida su capitalidad”. O mesmo acontece con Ourense. Porén, servizos como Google ou Facebook parecen omitir decididamente a legalidade vixente.
No caso do uso, a experiencia indica que a deturpación da toponimia galega complica as cousas máis que favorecelas. Coas institucións empregando, como corresponde, a forma oficial en lingua galega, e os cidadáns facendo o propio, esta alteración implica que se dificulte a procura de empresas, negocios e lugares nestes servizos empregados masivamente por millóns de usuarios. No peor dos casos provocará que potenciais clientes ou visitantes non dean co que buscaban e se decanten por unha opción alternativa.
Pero a incoherencia das multinacionais vai máis alá xa que mestúranse topónimos castelanizados irregularmente con outros na súa forma en galego. Soamente na Área Metropolitana de Vigo atópamos nunha primeira ollada Porriño* (O Porriño), xunto a Puenteareas* (Ponteareas), O Toxo, A Granxa o San Xoán. Cal é o criterio empregado para usar un ou outro servizo? Sen resposta. A propia Xunta de Galicia asegura que fixo constar a Google os erros nos nomes das localidades e se puxo a disposición da empresa para traballar en común. Polo de agora, sen resposta da multinacional.
Tanto o “Nomenclátor Geográfico Nacional y Toponomia Oficial” do Ministerio de Fomento como o “Nomenclátor de Galicia”, elaborado pola Xunta inclúen soamente os termos oficiais e non é posible atopar denominacións como Puenteareas*, Oya* ou Bayona*. Empresas como Google non se poderían defender asegurando que empregan esas listaxes oficiais. Cal é o motivo entón? Tamén a Wikipedia continúa emperrada nunha política disparatada na que se mesturan castenalismos, topónimos inventados con outros oficiais nunha castelanización totalmente demente.
No caso de Facebook ou Apple, que no pasado incumprían a normativa, xa recuaron e modificaron parcialmente os seus servizos de mapas. Facebook fai uso agora da tecnoloxía de Here Maps, que é respetuosa coa lexislación vixente. Tampouco alternativas como Open Street Maps inclúen toponimia deturpada. Porén, os servizos de Google son os empregados pola maioría, polo que a constante violación da normativa oficial supón non soamente un erro que non parecen querer arranxar, senón tamén un menosprezo á cultura galega.
El Concello de Redondela se suma al sector marisquero y demanda a la Xunta más vigilancia y multas más duras contra los furtivos
Así es la nueva aventura gastronómica de un chef con Estrella Michelin en Galicia. Un proyecto tan innovador como clásico, que ya se puede probar
Una borrasca volverá a dejar lluvias importantes este lunes. En Vigo, al final de la semana se podrá disfrutar de varias jornadas de sol
María del Carmen Martínez Ínsua, dimite tras 12 años en el puesto. Firmó el informe de Patrimonio para el proyecto de Altri en Galicia
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL