• Ryanair abandona Vigo
  • Apertura en Vigo
  • Nuevo festival O Porriño
  • Casting Netflix Galicia
  • Revenidas
  • Planes Portugal
  • Concierto Vigo
  • Proyecto en Galicia
  • Festival Vigo
  • Radares
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Persoas con diversidade intelectual que desexan mellorar a súa autonomía e preparación laboral

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
01/10/2024

Con ilusión, como calquera estudante que comeza a súa andaina na etapa universitaria, comezaban este martes as clases os 15 mozos e mozas que cursan o Programa para o Emprego e a Vida Autónoma. Este título propio, impulsado pola Universidade de Vigo en colaboración coas asociacións Down Vigo e Down Ourense e co apoio da Fundación Adecco, ten como obxectivo dotar a persoas con diversidade intelectual de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadáns activos.

Cun acto de presentación en cada campus arrancaba o segundo e último curso deste programa, que conta con nove estudantes en Vigo e outros seis en Ourense. Aínda que xa coñecen o funcionamento da docencia e a organización do programa, neste curso terán un boa cantidade de novidades, principalmente no que ao profesorado se refire. E é que, como explica Maruxa Álvarez, directora da Área de Emprego e Emprendemento da UVigo, “pasamos de dous docentes o curso pasado, a 15 en Vigo e case outros tantos en Ourense na actualidade”. Algúns deles participaron este martes nos actos de benvida e a todas e todos eles Álvarez trasladou o seu agradecemento pola súa implicación e porque “demostran unha gran dose de sensibilidade”.

Másnoticias

La ciencia llega al centro de Vigo con actividades gratuitas para todos los públicos

03/09/2025

Veinte estudiantes de la UVigo reciben beca de la Xunta para estudiar fuera de la UE

24/08/2025

Maruxa Álvarez e a técnica da Área de Emprego e Emprendemento Reyes Fernández tomaron as rendas deste programa hai escasos meses e amósanse moi ilusionadas con “este reto tan grande” cuxo obxectivo é proporcionar formación universitaria a mozos e mozas con discapacidade intelectual, dotándoos de habilidades e competencias necesarias para aumentar as súas posibilidades de inclusión social e laboral e facilitándolles unha formación integral e personalizada para que poidan participar como membros de pleno dereito na súa comunidade. Deste xeito, a UVigo implícase na inclusión social de persoas con discapacidade intelectual a través da formación e a mellora da súa empregabilidade, algo que poñía en valor no acto de Vigo a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda.

Tras a formación teórica, prácticas en empresas

As actividades formativas desenvolveranse nos campus de en Vigo e Ourense, en concreto na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo dende mañá mércores e ata o 31 de xaneiro, cando rematará o módulo común e dará comezo o itinerario específico de cada campus, que concluirá en maio. En xuño está programada un mes de prácticas externas en empresas da contorna, sumando en total 600 horas de docencia e 200 de prácticas. En ambos campus as actividades docentes terán lugar en convivencia cotiá coa comunidade universitaria co obxectivo de acadar o enriquecemento que achega a diversidade. Ademais, xunto co profesorado, nas aulas haberá sempre persoal de apoio das asociacións de Down, que se encargarán de dar soporte e prestar a axuda que poidan precisar os docentes e o alumnado.

Un extra de felicidade

No acto de benvida no campus de Vigo participou tamén o decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Francisco José Torres, quen, acompañado polo vicedecano, José Carlos Orge, amosou a súa satisfacción “por tervos, un ano máis, na nosa facultade, á que achegades felicidade; estamos encantados de vervos cada día polos corredores e pola cafetería” e “se seguides coa mesma ilusión que agora tedes por estudar, por aprender e por estar na Universidade, ides conseguir todo o que vos propoñades”.

Ademais, ao acto tamén asistiron representantes de Down Vigo e docentes do curso como Jacinto Lareo, Sonsoles Facal, Ángeles Pariente ou Berta Álvarez, presidenta do Vigo Rugby Club, que se encargarán de achegarlles coñecementos sobre dereito, sobre lectura fácil, emprendemento ou sobre nutrición e saúde, respectivamente. Pariente leva varios anos formando parte deste proxecto e con esta experiencia ás súas costas destaca tres aspectos fundamentais desta iniciativa: “empatía, por unhas persoas alleas ao que eu coñecía; aprendizaxe, porque no rol de profesora é máis importante facer que o alumnado entenda o que quero dicir que exhibir os meus coñecementos; e enriquecemento porque, igual que viaxar, coñecer cousas distintas e puntos de vista distintos abre vías e amosa mundo”.

Para rematar o acto, as responsables do programa sorprenderon aos mozos e mozas cun vídeo resumo realizado por UVigo-Tv das actividades do curso pasado, un momento tenro que emocionou a moitos deles. Nesta peza varios dos alumnas e alumnas relatan a súa experiencia e coinciden non só na importancia de adquirir coñecementos que lles permitan adquirir autonomía e dunha formación que lles sirva para un futuro laboral pleno, senón que destacan ademais a satisfacción por estar na UVigo e por sentirse realizados e plenos e un membro máis da comunidade universitaria.

Administración e mar en Vigo; turismo e hostalaría en Ourense

Ao longo deste curso, este grupo de estudantes poderá adquirir competencias dixitais, mellorar o seu autocoñecemento e as habilidades emocionais e formarse en comunicación e atención ao cliente, inglés, xestión empresarial, contabilidade, matemáticas financeiras, igualdade de xénero, nutrición, saúde ou dereito. Tras o módulo común, en cada campus desenvolverase un itinerario específico, no caso de Vigo centrado nos eidos da administración e do mar, con materias como emprendemento no sector marítimo e mariño, manipulación de alimentos, procesos industriais ou administración e secretariado. No caso de Ourense o itinerario encamíñase ao turismo e a hostalaría, con formación en eidos como a conservación do patrimonio histórico, o turismo sostible e de natureza, a manipulación de alimentos, o termalismo ou a xestión da restauración e do aloxamento.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Ya es oficial el aterrizaje de una marca nacional en pleno centro de Vigo con una nueva tienda

...

PorMetropolitano
03/09/2025
Enfoque

Un proyecto de Hotusa en Galicia devolverá a la vida el curioso "Poblado de Embalse de Belesar"

...

PorUxía Pérez
03/09/2025
Enfoque

San Simón inicia los trámites para ser Lugar de Memoria, lo que deja en el aire futuros festivales

...

PorEuropa Press
03/09/2025
Caballero planta un árbol en la Vía Verde
Enfoque

Caballero expone en Madrid su proyecto de "revolución medioambiental" para Vigo

...

PorAlfredo Teja
03/09/2025
Qué hacer

La ciencia llega al centro de Vigo con actividades gratuitas para todos los públicos

PorMetropolitano
03/09/2025

El próximo martes 9 de septiembre se instalará una carpa en Príncipe donde se podrán realizar determinadas actividades lúdicas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

06sep11:00Festival Boas Vibes de TuiFESTIVALES | TUI

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

06sep19:00Festival de Charangas de SalcedaFESTIVAL | SALCEDA | GRATIS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X