O Bloque Nacionalista Galego rexeita o que cualifica de “acusacións delirantes” e “medidas improvisadas" por parte do Goberno municipal en relación ás medidas en materia de tráfico e seguridade por causa do Nadal.
O Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reaccionou ás declaracións realizadas polo portavoz do Goberno local, Carlos L. Font, nas que negaba a existencia de problemas de tráfico e seguridade e volvía desprezar as queixas e protestas da veciñanza e dos servizos de emerxencia diante do “caos” que se está a vivir na cidade imputándoas a unha estratexia do “BNG e Alfonso Rueda”.
“O portavoz de Caballero volveu marcar un récord olímplico en cinismo mercenario. Hai que ter moita cara e moi pouco respecto polas viguesas e vigueses para atreverse a negar o que toda a cidade viu cos seus propios ollos e padeceu en carne propia”, retruca Igrexas.
Sobre esta cuestión, acrecentou que moi dificilmente se poden abordar os problemas se se insiste en negalos. “A estratexia da avestruz, se non se rectifica, vai converter as vindeiras semanas nunha agonía para a veciñanza, cunha cidade insegura, intransitábel e inhabitábel. Con máis e máis capítulos do desastre ‘apoteósico’ do que presumía estes días o Alcalde”.
Desde o BNG reiteran a necesidade de implementar “medidas reais” para reducir e ordenar a entrada de tráfico na cidade. “En lugar de mapas incomprensíbeis e improvisacións de última hora, o que debera xestionar o Goberno municipal é aparcadoiros disuasorios, por exemplo, utilizando os do IFEVI ou acordando o uso de parte do estacionamento do aeroporto de Peinador ou de zonas do propio Porto de Vigo, e despregar lanzadeiras de bus até o centro”, contrapoñen.
Por outra parte Igrexas tamén urxiu poñer fin á ilegalidade de que se lle encomende a persoal voluntario ou de Protección Civil labores de ordenación do tráfico, cando a propia DXT xa deixou claro que esas competencias son exclusivas da Policía Local. “Se Caballero pretende que o perímetro sexa xestionado por persoas do común con chalecos reflectantes e pitos, o desastre vai ser monumental”, alerta, demandando do Goberno local que actúe “con responsabilidade en materia de seguridade viaria”.
"Consideremos un momento idóneo volver celebrala agora en setembro", señalan desde el Concello sobre una nueva Shopping Night
Medio Rural da por estabilizado el incendio de Oia y señala que quemó 60 hectáreas. Sigue activo el fuego originado en Vilaboa
El alcalde ha acusado a la Xunta de no defender a Vigo y ha explicado que enviará una carta a la Ministra y otra al conselleiro
El suceso tuvo lugar este viernes a las 17:00 horas. Los servicios médicos desplazados al lugar no pudieron hacer nada por salvarle la vida
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL