A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer) pon en marcha o programa “Activa-Mente”, co que ofrece apoio e reforzo as persoas con Alzheimer e as súas familias.
Grazas a esta colaboración, realízase unha dobre atención. Por unha banda, desenvólvense talleres de estimulación cognitiva e motriz, dirixidos ás persoas que sofren unha demencia ou manifestan problemas de memoria. E, doutra banda, AFAGA ofrece atención psicolóxica a familiares, asesoramento social, legal, cursos de formación e distintas terapias que axuden aos pacientes e ao seu entorno a convivir coa enfermidade e ralentizar o avance.
Para levar isto a cabo, todos os luns e mércores os profesionais de AFAGA achéganse a Ponteareas para atender aos enfermos de Alzheimer e traballar de xeito personalizado coa realización de distintos exercicios que tentar por freo a esta doenza.
Todos os interesados e interesadas deberán chamar ao número de teléfono 986 22 97 97 ou nos Servizos Sociais do Concello de Ponteareas na rúa Oriente.
Desde Afaga e o Concello de Ponteareas resaltan a importancia do diagnóstico precoz para atrasar o avance da enfermidade. Por iso, O Concello pide a colaboración dos centros sanitarios e farmacias na difusión destes talleres e insiste na importancia da prevención e detección precoz en canto se albisquen os primeiros síntomas ou sospeitas.
“A prevención é fundamental e acudir ao médico de cabeceira en canto aparezan as primeiras sospeitas é decisivo porque tratar a enfermidade nos seus primeiros estadios supón poñerlle freo á enfermidade”, explica a concelleira Verónica Carrera. As familias poderán consultar co departamento de Benestar Social os servizos que se ofrecen en canto a terapias e desprazamentos.
La protesta partió del cruce de Vía Norte con Urzáiz al grito de No es un caso aislado, es el patriarcado'
La Guía Michelin desvela los nuevos restaurantes galardonados e incorpora dos nuevos en Galicia, logrando así ya 19 con Estrella Michelin
Arranca la tramitación urbanística de 10.400 metros cuadrados frente a Samil con un 70% para uso terciario y un 30% para vivienda
Caballero anuncia cambios en el proceso de empadronamiento en Vigo. Aumentan los horarios sin cita previa para este trámite
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL