Ponteareas avanza na creación do futuro Centro Cívico na Praza Maior, un espazo rehabilitado que porá a disposición de tecido asociativo e veciñanza máis de 900 metros cadrados para servizos municipais e actividades sociais. O Concello acaba de sacar a licitación esta obra que, segundo sinala a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, “permitirá dinamizar a Praza Maior e a súa contorna, favorecendo a revitalización urbana e comercial do centro histórico e ofrecendo ás e aos ponteareáns un espazo único no centro da vila”.
As obras contemplan os traballos de rehabilitación do edificio, que contará con espazos para servizos municipais e actividades sociais, como zonas para a mocidade, salas de reunións, espazos para obradoiros e cursos, servizo de atención temperá ou unha oficina de información. O proxecto de obra inclúe un estudo de accesibilidade elaborado en colaboración con COGAMI para adecuar ás instalacións á realidade de persoas con mobilidade reducida. Ademais, o Concello está a traballar tamén co tecido asociativo así como co Consello da Infancia e Adolescencia para definir o destino das instalacións e axeitalo ás necesidade reais de Ponteareas.
A través deste proxecto o Goberno municipal rehabilitará un edificio do centro histórico para “poñer en marcha servizos ata agora inexistentes, o que permitirá dinamizar a zona vella, tanto na contorna da Praza Maior como nas principais rúas que conectan con ela", explica a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote.
A licitación sae por un importe de máis dun millón de euros (1.034.815,71€). O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa EDUSI ‘Ponteareas, Hábitat Saudábel’ cofinanciará a actuación con 633.000 euros, mentres que o Concello achegará máis de 400.000 euros a través de fondos propios, dos que 243.000 corresponden ao Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.
Tomiño busca emprendedores para cuatro de los puestos de su Mercado Municipal. Así son los espacios que ofrecen
Unos ladrones aprovecharon la noche de Halloween en Vigo para entrar en viviendas. La Policía Nacional investiga varios robos
La Policía Nacional detuvo a la autora de la agresión mortal, que tuvo lugar poco antes de las 19:00 horas de este jueves
El área de Vigo puede ganar un nuevo 'hotel boutique' con 9 suites y zona de restauración. Así quieren revivir este histórico edificio
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL