A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou no xantar popular que congregou en Moaña a centos de veciños e veciñas, militantes e simpatizantes do BNG para trasladar o apoio a Leticia Santos e a súa candidatura á reeleción como alcaldesa, para, asegurou, "seguir construíndo un concello en positivo e con futuro".
“Para o BNG é un orgullo ter unha alcaldesa como Leticia e presumir da xestión do goberno municipal en Moaña nestes últimos sete anos”, destacou Pontón. A líder dos nacionalistas galegos lembrou que Leticia Santos logrou situar ao BNG, de novo, como primeira forza en Moaña, confianza que Pontón está segura revalidará incrementada nas próximas eleccións.
A líder nacionalista subliñou algúns dos logros do goberno municipal liderado por Santos empezando por situar a Moaña como "exemplo de reciclaxe" cun plan que chega a case mil fogares e un exemplo no uso racional da auga. Igualmente, destacou a súa política de recuperación e preservación do patrimonio e nun urbanismo humanizado que "se ve na mellora da accesibilidade e nos equipamentos públicos".
Destacou tamén a política social desenvolvida pola equipa de Santos, “44 domingos cos veciños e veciñas de Moaña defendendo a sanidade pública de Moaña”, citou como exemplo da preocupación do goberno do BNG por servizos públicos de calidade, “se o PP está xogando coa saúde das persoas, será o Bloque canto teña a responsabilidade de goberno quen recupere a sanidade pública”.
Segundo explicou, en Moaña duplicouse o investimento en benestar social que pasou de 1,1 millóns a 2,2 millón, “un goberno que mira polas persoas, que as acompaña, con maior intensidade cando máis o necesitan”. “Esa é a alcaldesa que queren as veciñas e os veciños, a que xestiona pero tamén se pon á fronte para esixir doutras institucións o que Moaña necesita e o que lle corresponde, por iso eu, como a maioría de veciños e veciañas Estou con Leti!”, concluíu.
Ata o 5 de abril estará aberto o período de preinscrición na Escola Infantil do campus de Pontevedra, que contará con catro aulas e 51 prazas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL