• Precio entradas Castrelos
  • Cambio pacientes Povisa
  • Novedades Balaídos
  • Sons do Casco 2026
  • Pleno Caso Saltamontes
  • Vigo SeaFest
  • Propuestas turísticas Bouzas
  • Trenes Turísticos
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
17/09/2025

Con preto de 500 inscritos e inscritas e coa mensaxe común que a educación ten o poder para transformar a sociedade, botaba a andar este mércores no campus de Pontevedra o I Congreso Internacional de Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade. Combinado a asistencia presencial de preto dun cento de investigadores e investigadoras e o seguimento virtual de arredor de 400 inscritos e inscritas de doce países, trátase dun foro con cinco áreas temáticas, promovido pola Cátedra Unesco Educación Transformadora, da Universidade de Vigo. Sostibilidade social e ambiental, convivencia e resolución de conflitos, equidade e non discriminación, patrimonio material e inmaterial e benestar e saúde son os cinco eixes dun foro que reúne no seu programa 20 simposios, cinco conferencias plenarias, sete mesas de expertos, sete sesións aplicadas e a presentación, nunha vintena de mesas, de máis de 120 comunicacións.

Coas catedráticas da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Francisca Fariña e Margarita Pino como presidentas do seu comité organizador, este congreso internacional reunirá entre este mércores e venres investigadoras e investigadores de España, Portugal, Brasil, México, Guatemala, Cuba, Romanía, Bélxica, Colombia, Arxentina, Alemaña e Estados Unidos. Promovido co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Pontevedra e Consello Social da UVigo, o congreso celebraba na mañá deste mércores o seu acto inaugural na Escola de Enxeñaría Forestal.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

“Se a educación transformadora persegue xerar cambios nas persoas e na sociedade para mellorar o mundo, ogallá este congreso nos faga reflexionar a todos e todas sobre o que podemos achegar a esta transformación”, salientaba Fariña neste acto de apertura. O congreso, lembrou, xorde do “compromiso asumido” coa concesión da Cátedra Unesco de promover “un evento que promovera a participación da comunidade universitaria e de profesionais de países en vías de desenvolvemento, que contaron con matrícula gratuíta. Nese senso, destacou que os resultados acadados en materia de participación “permítennos estar moi satisfeitos”.

Educar e comunicar que “un mundo mellor é posible”

No acto inaugural, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, puxo de relevo o compromiso da institución académica “coa construción dun mundo mellor, que está ao alcance da man e do que ao mesmo tempo parece que nos estamos afastando”. O reitor lamentou nese senso que non se tiveran acadado “gran parte dos obxectivos do milenio”, que tras os avances en materia de igualdade chegase “unha vaga contraria” e que “todos os días vexamos en directo unha masacre que é un xenocidio con todas as letras”, para logo pór de relevo que, se ben a educación “é unha ferramenta imprescindible para conseguir un mundo mellor”, con esta soa “non chega” e é preciso “levantar a voz e comunicar que un mundo mellor é posible”.

Previamente, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, referiuse tamén á “masacre dun pobo enteiro” que se está a perpetrar en Gaza, para logo recalcar que este “é un congreso necesario”. Este acto contou así mesmo coas intervencións do vicepresidente da Deputación, Rafael Domínguez, quen incidiu na importancia de temáticas “como a resolución de conflitos, a non discriminación ou a sostibilidade social e ambiental”;e do secretario xeral de Emprego e Emprendemento da Xunta, Pablo Fernández, destacou a “transversalidade” deste congreso. Previamente, a directora da EE Forestal, Ángeles Cancela, subliñou que “vivimos nun contexto global atravesado por múltiples crises: climáticas, socias, tecnolóxicas, políticas e éticas”, no que a educación debe constituír “unha ferramenta de transformación social” e no que a ciencia e a comunicación “deben ser abordadas desde unha perspectiva crítica, ética e comprometida co ben común”.

Completado coa actuación do Grupo de Música Tradicional do Campus de Pontevedra, este acto inaugural contou tamén coa participación de María Jesús Pino, coordinadora estatal da Rede de Escolas Unesco, da que forma parte da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, onde impartía unha conferencia na tarde deste martes. Pino destacou a “repercusión internacional” deste evento, mentres que o presidente do Consello Social da UVigo, Ernesto Pedrosa, salientaba a súa importancia deste foro á hora de “profundar en materias que nos leven ao fortalecemento da cooperación internacional entre investigadores, alumnado e organizacións comprometidas cunha educación transformadora.

Máis de 30 sesións

A saúde e a educación ambiental foron os eixes centrais da conferencia inaugural, impartida polo profesor da Universidad de Ciencias Médicas de Villa Clara (Cuba) Daniel Bulgado, tras a que daban inicio un conxunto de sesións que se desenvolven de xeito paralelo en cinco espazos da EE Forestal e das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia. Os máis de 30 simposios, mesas de expertos e sesións aplicadas que terán lugar nestas tres xornadas permitirán afondar en cuestións como a convivencia nos centros educativos, a innovación docente, a cooperación ao desenvolvemento, as implicacións da intelixencia artificial no ámbito educativo, o benestar emocional na infancia e na adolescencia, o abandono escolar temperán ou a formación parental.

Xunto estas actividades, o congreso abrangue tamén unha serie de conferencias plenarias, nas que a organización buscou tanto un carácter transversal como “un equilibrio entre as áreas” presentes nunha cátedra da que forman parte preto de 50 investigadores e investigadoras. Así, na tarde deste mércores terá lugar un relatorio do decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, José Montero Reguera, mentres que o catedrático da UVigo Jacobo Porteiro falará o xoves da educación en sostibilidade nas ensinanzas de enxeñaría en España. Nesa mesma xornada, a profesora da Benemérita Universidad Autónoma de Puebla (México) Luz Anyela Morales afondará na cultura de paz e na xustiza na educación universitaria, mentres que o investigador da Universidad de León Roberto Baelo impartirá o venres a conferencia de clausura, centrada no uso educativo da intelixencia artificial xerativa.

A programación do congreso vese complementada á súa vez polo concerto que o grupo Faíscas da Pontraga ofrece este xoves no Teatro Principal, dentro do ciclo Música para reCREAr, así como por unha exposición bibliográfica sobre Pontevedra e educación na Biblioteca Central do Campus.

Temas: Universidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo reactiva el máximo nivel de restricciones de tráfico con cambio en horarios e itinerarios
Enfoque

Una persecución policial por Vigo y la AP-9 termina en accidente tras circular a más 120km/h en vías urbanas

El conductor, detenido, llegó a circular a 120 km/h por zonas urbanas para escapar de la Policía. Acabó chocando contra una farola

PorMiguel Alonsoy1 Otros
05/06/2026
Vigo desbloquea un nuevo proyecto residencial con viviendas de protección y zonas comerciales
Enfoque

Vigo desbloquea un nuevo proyecto residencial con viviendas de protección y zonas comerciales

Caballero asegura que es "el desarrollo más importante de viviendas de protección que hay en Vigo". Así es el proyecto que plantean

PorAlfredo Teja
05/06/2026
Povisa se hunde en Vigo, confirmada la huida masiva de pacientes hacia la sanidad pública
Enfoque

Povisa se hunde en Vigo, confirmada la huida masiva de pacientes hacia la sanidad pública

Según ha confirmado el Servizo Galego de Saúde, un total de 7.806 personas pidieron dejar el Hospital Ribera Povisa y pasarse al Chuvi

PorÁngel Vila
05/06/2026
Bouzas se presenta como el escenario perfecto para el evento del año en Vigo
Enfoque

Vigo quiere convertir Bouzas en motor turístico y ya está diseñando nuevas experiencias

El Concello está diseñando paquetes turísticos para situar a Bouzas como destino ideal. La próxima semana acogerá varios talleres para crear estas experiencias

PorMetropolitano
05/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X