As parroquias de Redondela son as protagonista do novo proxecto audiovisual posto en marcha pola Concellería de Normalización Lingüística. Trátase dunha serie de documentais que, co propósito de conservar a historia etnográfica de Redondela, seguen a liña dos libros toponimia e a creación da páxina web. O primeiro documental sairá á luz este sábado 14 de xaneiro contando a historia de O Viso baixo o nome “Os tesouros de Redondela: O Viso” e estará dispoñible de forma gratuíta na plataforma YouTube e en redes sociais.
Fernando Carreira, director do documental, explica que a obra xurde do libro “O Viso, A Construción dunha paisaxe cultural”, editado pola Asociación Cultural do Viso, e que o guión foi escrito polo arqueólogo Xurxo Costela. No filme, plásmanse ás entrevistas realizadas aos veciños e veciñas da parroquia que contan a súa vida social, as festas, o seu modo de traballo e sobre todo anécdotas que dan vida ás historias de Redondela. Ademais, pódense ver fotografías de arquivo que reflexan a sociedade da época e a situación na que vivía a xente fai máis de 60 anos. “O traballo foi moi bonito, non só porque recuperamos as vivencias e anécdotas da xente do Viso, senón porque estas valen de recordo para non esquecer o noso pasado. Este é un exercicio de memoria para non esquecer o que era e é Redondela”, conclúe Carreira.
“O documental deste sábado é unha aposta máis na visibilización do patrimonio material e inmaterial das parroquias de Redondela”, explican dende o Concello, e engaden que despois de O Viso continuarase con resto de parroquias. Ademais, explican, os documentais pretenden ser unha vertente didáctica para o seu uso en asignaturas dos institutos de Redondela.
“Os tesouros de Redondela: O Viso” estará dispoñible para o público xeral por primeira vez este sábado 14 de xaneiro ás 19:00 horas no Auditorio do Multiusos da Xunqueira. A entrada é de balde e pódese coller con antelación no Multiusos da Xunqueira ou na tenda Da Concha (O Viso).
Dende o SNL recordan que a realización de outros proxectos divulgativos como “Libros de Parroquias” (Cabeiro, Cesantes Negros, Reboreda, Trasmañó e Ventosela), ou de recollida de microtoponimia (Cabeiro, Negros, Vilar de Infesta)”. Ademais, avanzan que ambos proxectos continuarán con novas entregas. Para o primeiro caso, serán as parroquias de Saxamonde, Cedeira e Vilar; para o caso da microtoponimia, serán Quintela, Cedeira e Saxamonde.
Un vídeo muestra las agresiones que sufrieron los aficionados del Celta tras la victoria. Los ultras del Dinamo de Zagreb se mostraron muy violentos
Mos saca a licitación las obras para transformar uno de sus parques. Un proyecto que hará de este espacio un referente en el área de Vigo
Vigo mantiene su idilio con Nueva York. Caballero saca pecho de los esfuerzos del Concello por enamorar a Estados Unidos
Losetas levantadas, caídas y filtraciones, esta es la denuncia de unos vecinos de Vigo. Aseguran que llevan 5 años sin respuesta del Concello
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL