O Pleno da Corporación Municipal de Redondela deu esta semana luz verde ao investimento de 741.758,89 euros do Remanente de Crédito para a realización de obras en viais públicos, instalacións deportivas, medio ambiente e saneamento, “obras todas elas de extraordinario interese para a veciñanza e que permitirán a mellora de infraestruturas cos conseguintes beneficios que iso ten para a calidade de vida das veciñas o veciños”, puntualiza a alcaldesa Digna Rivas.
Entre as obras previstas, destaca o investimento de 287.507,36 euros para a mellora do espazo deportivo en Chapela. Trátase, concretamente, do espazo coñecido como o campito, unha zona moi utilizada pola infancia e mocidade da parroquia e que se atopaba en malas condicións. Precisamente a mellora do campito era unha das propostas que a rapazada trasladou ao Concello no Pleno do Consello da Infancia e a Adolescencia. O Concello renovou o contrato de alugamento que tiña sobre dio espazo deportivo –que remataba en maio deste ano– por outros trece anos para poder realizar todos os traballos de mellora programados.
O Goberno local destinará outros 454.251,53 euros a obras que contribuirán a mellorar diferentes infraestruturas de alumeado público, estradas e camiños municipais, saneamento e medioambiente e que buscan dar ás parroquias “os servizos dignos dos que estiveron privados durante moitos anos”.
Así, en materia de mellora viaria, realizaranse para o acondicionamento Baixada ao Peirao e acondicionamento do camiño da Furna, camiño da Estación de Chapela e camiño do Subido en Chapela. Amais realizaranse obras de mellora na rúa Outiz de Abaixo, na Portela e na rúa Torre de Calle de Cesantes. Nos Valos (Saxamonde), mellorarase o paso superior PK 161+500 da liña 810 Adif e tamén dentro destes traballos de mellora viaria, inclúese o retranqueo na Baixada a Estación, O Cairo.
No que ás actuacións medioambientais fai referencia, traballarase na reparación do socavón no río Maceiras e elevación e ampliación da antiga ponte e a elevación da actual ponte sobre o Maceiras.
A rexedora local subliñou a importancia das accións que se van a realizar nas parroquias “dende sempre as grandes esquecidas dos anteriores gobernos”. A alcaldesa agradeceu o apoio de AER e BNG a estes investimentos.
Samir fue acusado por expulsar a un grupo de turistas israelíes de su restaurante en Vigo. Una polémica que recorrió toda España
El restaurante Trasmallo logra entrar en la selección Bib Gourmand, los mejores restaurantes calidad/precio de la Guía Michelin
Las bicis podrán llegar hasta la playa de Samil y Alcabre experimentará una renaturalización de su litoral. Así será el "corredor ecológico" de Vigo
¿De dónde son los turistas extranjeros que visitan Galicia? La comunidad gallega enamora a portugueses, franceses y norteamericanos
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL