O Concello de Redondela vén de presentar un ambicioso proxecto de recuperación, conservación, estudo e difusión da microtoponimia do municipio, unha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas.
O proxecto trata de minguar a perda da riqueza do patrimonio inmaterial “que corre serio risco de desaparición coa morte de cada persoa maior”, asegurou en rolda de prensa a rexedora local, quen lembrou que a toponimia “é un dos elementos do patrimonio inmaterial valorados pola UNESCO como de especial protección”.
Por unha banda, e grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra, o Concello publicará tres libros que recollen a microtoponimia das parroquias de Cabeiro, Negros e Vilar de Infesta. A autor, Cora Represas, é licenciada en Filoloxía Galega e fixo o estudo do significado de cada un dos microtopónimos. O traballo de campo, de recollida de cada nome, fixérao hai anos a Cooperativa Tres Pés, de Redondela. Por iso, o concello quixo darlle saída a este traballo para completalo e sacalo á luz. Os libros repartiranse de maneira gratuíta e tamén se poden descargar de balde na web de toponimia.
A través dunha web especial, toponimia.redondela.gal, que tamén contou co apoio da Deputación, recóllense xa 350 topónimos das citadas parroquias. A novidade, con respecto a a outras webs de toponimia, é que cada microtopónimo trae unha explicación. O concello quere facilitar a xente o coñecemento da toponimia, a súa historia e localización. Nesta web, ademais de descargar os libros, tamén hai unha ligazón ao proxecto da Real Academia Galega e Xunta de Galicia, "Galicia Nomeada", onde o SNL vai cargando cada microtopónimo nun mapa para a súa consulta pública.
Por último, e como resultado do traballo colaborativo entre os equipos de dinamización lingüística dos institutos de Redondela e o SNL, presentouse unha unidade didáctica. Esta proposta, dirixida aos cursos da ESO e Bacharelato, quere facer partícipe á comunidade escolar (alumnado, profesorado e familias) na toma de conciencia da importancia da toponimia, insistindo nesa liña de especial protección do patrimonio inmaterial.
Dos marcas se alían en Galicia para ofrecer una curiosa receta. ¿Te atreves a probar esta fusión de sabores en Vigo?
Arrancan unas obras muy demandadas en Vigo. La calle Cesáreo Vázquez inicia la primera fase de su humanización
Ya están disponibles las nuevas atracciones del parque acuático más moderno de Galicia. Un río lento, un parque multiaventuras y más toboganes
Avanzan a buen ritmo las obras en la antigua escuela unitaria de Chenlo. Se convertirá en un nuevo espacio cultural de O Porriño
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL