O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, publicou este luns 25 de xullo, Día de Galicia, nas súas redes sociais un vídeo no que convida os galegos a celebrar a súa terra "hoxe e sempre", porque é a "meta" dun Camiño no que caben "todos". "É realmente difícil de explicar o que significa Galicia. Cada galego levamos a nosa terra moi dentro de nós, así que, no noso día, o mellor que podemos facer é celebrala hoxe e sempre, dentro ou fóra de Galicia, na aldea, na vila, na cidade", expresa o mandatario autonómico.
No vídeo con motivo do seu primeiro 25 de xullo como presidente, Alfonso Rueda define a Galicia como "unha Comunidade orgullosa do que é", de "como fala" e de "o que fai".
Así, a súa intervención está chea de referencias ao Camiño de Santiago, do que recoñece que "nunca perde unha oportunidade" para falar. "Hoxe, no meu primeiro Día de Galicia como presidente, entenderedes que non fago unha excepción", ironiza, aínda que promete que "non" deixará "de falar de nós, os galegos".
"Ademais de recibir camiñantes de todo o mundo neste Xacobeo dobre, nós tamén vimos de lonxe, imos da man no presente e temos a vista posta nun futuro común. A meta, por suposto, non podía ser outra: Galicia", sinala Rueda.
Neste contexto, o titular da Xunta afirma que, "por encima de calquera diferenza, todos os galegos" queren facer "máis grande a esta terra" que senten "tan dentro". "Eu apúntome a ese Camiño porque nel tamén estades vós, porque nel cabemos todos e porque ser galego é algo indescriptible. Feliz Día de Galicia a todos e todas", conclúe o presidente.
Os galeg@s queremos seguir facendo grande a nosa Terra. Orgullos@s do que somos, do que sentimos, da lingua que falamos... Hoxe festexamos que estamos no camiño e que estamos a percorrelo xuntos.
Feliz Día de Galicia pic.twitter.com/hnp5ItOJ4G
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) July 25, 2022
Las familias esperan que la apertura del juicio oral sea una "forma de avanzar" hacia "una futura sentencia justa"
El Congreso rechazó las enmiendas introducidas por el PP en el Senado y mantiene el texto pactado por PSOE, Sumar y BNG
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
La Guardia Civil mantiene abierta una investigación y busca al conductor que embistió a un coche de la Policía Local en Salceda este jueves
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL