Salceda concederá axudas de 500 euros ao comercio e hostalería

Publicidad

O pleno municipal de Salceda de Caselas aprobou este venres as axudas directas as persoas autónomas e pequenas afectadas pola pandemia do coronavirus e co gallo de "paliar a situación que atravesan". A alcaldesa e responsable da área de comercio, Verónica Tourón, explicou que estas subvencións están dirixidas a persoas autónomas, establecementos de hostalería, comercio e pequenas empresas de ata 10 persoas empregadas que teñan a súa actividade en Salceda.

O importe destas axudas directas será dun único pago de 500 euros e poderán compatibilizarse con subvencións de outras administracións. O prazo para as solicitudes comezará unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia. Para a súa concesión, “o Goberno local optou por un procedemento de tramitación áxil, co fin de que cheguen canto antes as axudas ás persoas e establecementos destinatarios”, explica a rexedora local.

Esta medida forma parte dun paquete de iniciativas que o Goberno local ten previstas para estes sectores, que se complementan con fondos propios destinados á programación de actividades dirixidas á promoción e fomento do comercio. Ademais, estableceuse a exención da taxa de terrazas para os exercicios 2020 e 2021, entre outras medidas.

Salir de la versión móvil