O pleno municipal de Salceda de Caselas aprobou este venres as axudas directas as persoas autónomas e pequenas afectadas pola pandemia do coronavirus e co gallo de "paliar a situación que atravesan". A alcaldesa e responsable da área de comercio, Verónica Tourón, explicou que estas subvencións están dirixidas a persoas autónomas, establecementos de hostalería, comercio e pequenas empresas de ata 10 persoas empregadas que teñan a súa actividade en Salceda.
O importe destas axudas directas será dun único pago de 500 euros e poderán compatibilizarse con subvencións de outras administracións. O prazo para as solicitudes comezará unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia. Para a súa concesión, “o Goberno local optou por un procedemento de tramitación áxil, co fin de que cheguen canto antes as axudas ás persoas e establecementos destinatarios”, explica a rexedora local.
Esta medida forma parte dun paquete de iniciativas que o Goberno local ten previstas para estes sectores, que se complementan con fondos propios destinados á programación de actividades dirixidas á promoción e fomento do comercio. Ademais, estableceuse a exención da taxa de terrazas para os exercicios 2020 e 2021, entre outras medidas.
La conselleira María M. Allegue ha calificado de "boicot" del Gobierno a Galicia con la transferencia de la autopista
Piden al delegado del Gobierno una "reunión urgente" y que se ejecute un proyecto que consideran "totalmente paralizado"
Una calle del centro de Vigo se blinda al tráfico y prohíbe el aparcamiento para facilitar el rodaje de la serie de Atresmedia
Los bomberos tuvieron que rescatar al hombre en el tejado y posteriormente fue evacuado al hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Debido ao cambio climático agárdase que cada vez sexan máis frecuentes e de maior impacto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL