O Concello de Salceda de Caselas levará a cabo o proxecto de reurbanización da Rúa Joaquín Fernández Sestelo, no seu tramo entre o entronque coa rúa Compostela e a Praza da Devesa, completando deste xeito o proceso de humanización de toda a rúa, xa que nos últimos anos xa se ten actuado nos tramos entre a Praza do Concello e a Rúa Compostela, así como na zona da Praza da Devesa.
O proxecto conta cun orzamento de 150.652,93 euros que foi xa presentado na solicitude do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, e que se iniciará unha vez o ente provincial comunique a súa aceptación. “Seguimos o libro de ruta iniciado no ano 2007 de recuperación de espazos para as persoas e de transformación da vila. A nosa prioridade son os colectivos máis vulnerables, como o da infancia, a terceira idade ou as persoas con mobilidade reducida, e somos conscientes de que actuacións como a que agora imos executar e que se suman ás xa realizadas, contribúen a mellorar a calidade de vida e a autonomía persoal de todos estes colectivos”, explica a rexedora local, Loli Castiñeira.
Trátase dunha actuación que afectará a un total de 996,50 m2, co principal obxectivo de ganar espazo para o tráfico peonil garantindo deste xeito a accesibilidade universal nos espazos públicos, e facendo máis atractivo un espazo comercial coma este. A obra ademais incluirá a renovación do sistema de recollida de pluviais, así como da rede de saneamento e abastecemento, e suporá unha solución definitiva aos problemas de organización de tráfico existentes, nunha zona na que a diario se forman atascos por mor de aparcamentos irregulares en dobre fila. O proxecto incluirá unha zona verde de aparcamento que permita estas pequenas paradas de non máis de 10 minutos.
O equipo de Goberno pretende completar deste xeito a humanización da principal rúa de entrada ao municipio, seguindo deste xeito o camiño de recuperación de espazos para o tráfico peonil iniciado no ano 2007, e que xa leva acometido numerosas actuación nas rúas do casco urbano: Praza do Concello, Victoriano Pérez Vidal, Avenida de Galicia, Rafael Tilve, Rúa Coruña, Rúa Compostela, Praza da Devesa, Rúa da Gándara, e a mencionada Joaquín Fernández Sestelo. Ademais trabállase xa nos próximos proxectos, que afectarán ás rúas Rollo e Vigo.
El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía
Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad
El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"
El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL