• Festivos Vigo 2026
  • Festas do Cristo
  • BAP Unión Vigo
  • Calendario Escolar
  • Heladería de moda
  • Película en Galicia
  • Abuela vegana
  • Nuevo local Bouzas
  • Votación murales
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Segunda oportunidade para 660 animais do CAAN, logrando récord histórico de adopcións

Posto, o can que máis tempo leva no CAAN // Facebook Difusión Adopción CAAN

Posto, o can que máis tempo leva no CAAN // Facebook Difusión Adopción CAAN

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Carolina CifuentesPorCarolina Cifuentes
10/01/2022

Cun novo récord de adopcións, o 2021 finalizou como o mellor ano da historia do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN).  Con números máis altos con respecto ás cifras de adopción de 2020 (583), o ano pasado o CAAN conseguiu que 660 animais atoparan un novo fogar, superando, desta maneira, o reto marcado de 600 adopcións . Para este ano, 2022 a cifra a alcanzar son 700 adopcións, das que xa se lograron 14.

Das 660 adopcións do ano 2021, unha foi en Portugal e o resto en España. A maioría foron en Galicia (574), seguida por Castela e León (54) e o resto repartíronse entre Madrid (13), Cataluña (5), País Vasco (5), Castela a Mancha (2), Asturias (2), Comunidade Valenciana (2), Estremadura (1) e Canarias (1). Das tramitadas en Galicia, 502 adopcións foron na provincia de Pontevedra, 36 na Coruña, 25 en Lugo e 11 en Ourense. O concello con máis adopcións foi Vigo (90), seguido de Pontevedra (52) e A Estrada (38), mentres que tamén destacaron Poio (26), Meis (25), Sanxenxo (24) ou Cambados (23).

Másnoticias

Tapas clásicas 'reinventadas' y el marco incomparable de Bouzas, así es el nuevo local que llega a Vigo

07/09/2025
Fiestas de San Roque, en Vigo // FOTOS: ALBA RODRÍGUEZ

Vigo ya tiene sus dos festivos locales para 2026, que cambian con respecto a este año

07/09/2025

Segundo o CAAN o reto inicial de chegar aos 600 cans e cadelas adoptados logrouse en novembro con "Col", que viaxou ao seu novo fogar en Ribadumia. Ademáis, o ano pasado tamén logrouse dar saída aos animais de maior idade: "Macarena", de oito anos, unha mastín que chegara de Pontecesures; "Pitu", de dez anos, que chegara de Catoira; "Adia", unha pastor alemá de nove anos que viñera das Neves e "Paradita", de oito anos, mestiza recollida en Meaño. Na actualidade, o can que leva máis tempo no centro é "Posto", un cruce de pitbull de tres anos que está desde o 2018 no centro, tras ser recollido en Redondela, e para o que se volveu facer un chamamento para a súa adopción.

Tamén se notou unha importante reducción da estancia dos animais no centro antes de ser adoptados. No 2021 foi dunha media de 69,6 días fronte aos 123,8 días do 2020 (un 43,7% menos). "Os excepionais datos de adopcións son froito de moitas claves", explicou o xefe do CAAN, Jose Luis Pedreira, mentres engadía que "todos os cans saen do centro vacinados, identificados, desparasitados e esterilizados de forma gratuíta incluso moitos deles o fan con recondución do seu carácter. E intentamos que o can que se leve se adapte ás necesidades de cada persoa".

"Estamos indo polo camiño que hai que ir, modernizando as instalacións, facendo que teñan instrumental veterinario de altísima calidade, dixitalizado, moderno, facendo que os animais estean cada vez mellor tratados e hai que destacar o excelente traballo que fai o persoal, que vai moito máis alá do que é a súa profesión”, asegura a presidenta da Deputación de Ponteveda, Carmela Silva.

Recollidas

Pola contra, as recollidas tamén aumentaron con respecto ao 2020 cun total de 1.210 animais, un 5,7 máis que o ano anterior. Delas, a metade pode clasificarse como abandonos, xa que 608 foron recuperados polos seus propietarios. En relación a isto, Jose Luis Pereirá quixo facer fincapé en que a metade dos animais recuperados carecía de chip. "Todos os cans e cadelas a estas alturas deberían estar identificados, porque conseguiríamos que o abandono fose menor", explicou.

Fronte a esta situación, dende a institución estánse poñendo en marcha campañas de concienciación e sensibilización, a última delas “EduCAANdo”, lanzada a finais do pasado ano dirixida especialmente a escolares de Primaria dos centros da provincia e que ten como peza central o libro “Benvida á casa, Onza”, do que xa se solicitaron máis de 1.500 os exemplares para o uso deste relato como material didáctico nas aulas.

Ademáis, Carmela Silva apuntou que a nova normativa estatal sobre protección animal establece unha serie de garantías para as mascotas. “Aquelo no que nós críamos e que estabamos poñendo en marcha agora está recollido nunha lei estatal que estou segura que vai conseguir ter mellores datos, sobre todo o que ten que ver cos abandonos e o benestar animal”, sinalou.

Temas: Pontevedraprotectoras de animalesVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Javier Tourís: “+Renovables é unha aposta clara da Deputación de Pontevedra pola enerxía limpa, local e participativa”

O deputado de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra explica o que supón +Renovables e o labor que está a desenvolver a OTC DEPO

PorMetropolitano
08/09/2025
Enfoque

Un Congreso de Comunidades Enerxéticas en Barro amosará a particulares e empresas como aforrar na súa factura eléctrica

A cita quere achegar á cidadanía un modelo que permite abaratar a factura da luz e producir enerxía de maneira comunitaria, sostible e xusta

PorB.C.
08/09/2025
ROSA VEIGA / EP
Enfoque

El fuego de Carballeda de Valdeorras, que empezó a la vez en dos focos, calcina 850 hectáreas

El fuego empezó en dos puntos distantes y, en el terreno entre ellos, fueron surgiendo otros focos. Todo apunta que fue provocado

PorEuropa Press
07/09/2025
Enfoque

Estos son los lugares de Galicia que llegarán a todos los cines de España con el próximo 'taquillazo'

Un nuevo estreno nacional mostrará estas joyas de Galicia, incluso el Entroido. Una película con Óscar Casas, Ana Jara, Antonio Pagudo, Ana Milán y más

PorAlfredo Teja
07/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X