Ecoloxistas en Acción xunto coa Plataforma pola defensa da ría de Vigo “Cíes” solicitan á Corporación do Concello de Vigo que realice unha declaración institucional rexeitando a execución de máis recheos na ría de Vigo. As dúas organizacións ecoloxistas demandan ademais ao Concello de Vigo a que inste ao Ministerio para a Transición Ecológica y reto Demográfico a que informe negativamente calquera aterramiento na lámina de auga que supoña unha ocupación no exterior dos cantís portuarios actuais.
Ambas organizacións entenden que debe promoverse a posta en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías entre ambas as plataformas portuarias que potencie o desenvolvimiento industrial da provincia de Pontevedra e conecte os demais polígonos do interior modernizando a liña que nos conecta con Ourense polo Miño. Ademais están recollendo sinaturas para paralizar os novos recheos na ría que pretende realizar a Autoridade Portuaria.
Ecoloxistas en Acción denuncia que a Autoridade Portuaria de Vigo está a elaborar documentos no seu proxecto "Delimitación dos espazos e usos portuarios do Porto de Vigo" nos que se anuncian novos aterramientos na ría de Vigo "coa escusa da necesidade de conseguir máis superficie para desenvolver a actividade portuaria".
A organización destaca que "estas obras afectarán negativamente os sectores do mar (pesca artesanal, marisqueo, mexilloeiros, ou espazos protexidos como a Enseada de San Simón, Parque nacional Illas atlánticas “Cíes” etc), ao turismo e calidade ambiental da ría e os seus habitantes pero por outra banda ceden terreos portuarios para actividades que non teñen relación con esta actividade portuaria (almacéns, industrias externas..) incumprindo as normativas de aplicación da Lei de Costas (artigo 2.º), da Lei de Protección dá Paisaxe de Galicia (artigo 2.º) e outras que entendemos amparan as nosas teses".
Consideran que para que o porto de Vigo siga sendo competitivo e poida mellorar a súa actividade non é preciso seguir ocupando a lámina de auga con novos aterramientos (recheos) e apuntan que "é necesario poñer en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías, que potencie o desenvolvimiento industrial da provincia de Pontevedra conectando os demais polígonos do interior e modernizando a liña que nos conecta con Ourense polo Miño".
Uno de los locales más conocidos de Vigo aterriza en Nigrán con sus famosos brunchs. Así han anunciado su nueva apertura
"Espérame ahí arriba, que volveremos a dar esos paseos pronto", el emotivo mensaje de José Luis Gestido a su hijo, fallecido en un accidente
El PP de Vigo pregunta a Caballero por las condiciones en las que se encuentra este parque municipal que está "totalmente abandonado"
El presidente de Uruguay lamentó que el formato del contrato es una "trampa": "Si las cosas están mal hechas, las vamos a frenar"
Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL