• Nueva plaza en Vigo
  • Navidad Vigo Vialia
  • Mister España Redondela
  • Escape room Samaín
  • Aparcamiento gratis Porriño
  • Navidad Vigo
  • Voando nas Rías Baixas
  • Navidad Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Tecnoloxía galega para a xestión e conservación da selva amazónica e a sabana brasileira

Tecnoloxía galega para a xestión e conservación da selva amazónica e a sabana brasileira
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/04/2025

Colleitar datos sobre o clima, a temperatura, a humidade e a biodiversidade da selva amazónica e da sabana brasileira, o Cerrado, achegando información crucial para a xestión e conservación destes ecosistemas é a finalidade da misión Perceive, un proxecto no que participan as universidades de Vigo, a través do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, e Brasilia, liderada polo docente e investigador do Grupo de Satélites Renato Borges, e a empresa Alén Space. “O sistema proposto ten un impacto significativo ao ofrecer a Brasil a autonomía estratéxica na recompilación e almacenamento de datos, algo fundamental para mellorar a capacidade de resposta ante posibles catástrofes naturais e para preservar a biodiversidade, tendo en conta que actualmente Brasil depende en gran medida de terceiros para acceder aos datos necesarios para monitorear a seu vasto territorio, o que xera desafíos en termos de control e resposta ante situacións críticas”, explica o catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicación e responsable do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais da UVigo, Fernando Aguado.

Desde a súa chegada á Universidade de Vigo en agosto de 2024 para realizar unha estadía, o docente e investigador da Universidade de Brasilía Renato Borges impulsou o desenvolvemento dunha innovadora plataforma satelital tipo FlatSat, en colaboración co Grupo de Tecnoloxía Aeroespacial e a empresa Alén Space, que integra varios do seus produtos como o Triskel, un ordenador de a bordo que tamén actúa como sistema de control de telemetría, e dous radios definidos por software TOTEM, a base sobre a que se desenvolve a carga útil, un sistema IoT (Internet das cousas) de monitoraxe ambiental, “que permitirá recompilar os datos da selva amazónica e o Cerrado, achegando a información precisa para xestionar e conservar este ecosistema vital”, explica Borges, recoñecido como un dos investigadores con maior influencia no campo da enxeñaría espacial en Brasil.

Másnoticias

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

24/10/2025
As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

23/10/2025

Neste intre, os investigadores están a traballar na configuración dos requisitos e análise da misión, o concepto de operacións e o orzamento para os distintos subsistemas, utilizando o FlatSat como plataforma de probas, unha fase que será crucial para definir con maior precisión os obxectivos da misión e establecer as bases para a súa implementación futura.

Un proxecto clave na loita contra o cambio climático

O sistema desenvolvido coa plataforma FlatSat, axudará a cambiar a dependencia que actualmente ten Brasil de terceiros á hora de dispoñer de datos precisos para monitorizar o seu territorio, permitíndolle xestionar de xeito independente a monitoraxe e recompilación de información ambiental, facilitando así intervencións máis rápidas e precisas en caso de emerxencia. “Ademais, este sistema integrarase no proxecto Perception, desenvolvido por Brasil, que procesará este datos e emitirá ordes para intervir de xeito eficiente en áreas onde a vexetación e o clima estean fóra de control, ademais de achegar unha base de datos estruturada para investigacións científicas, xestión pública e toma de decisións”, detalla Renato Borges.

Ademais de permitir unha resposta máis áxil ante catástrofes, a monitoraxe ambiental que ofrece a plataforma desenvolvida en Vigo, tamén achegará unha análise máis profunda da biodiversidade, o que contribuirá a implementar estratexias máis efectivas para protexer os biomas brasileiros e contribuír aos esforzos globais contra o cambio climático. “Neste contexto, a misión do futuro satélite Perceive, que actualmente se atopa na fase de revisión preliminar do deseño (PDR), perfílase como unha peza clave deste esforzo conxunto. A misión ampliará e mellorará as capacidades de monitoraxe utilizando esta plataforma e, agárdase, que xogue un papel esencial na protección do medio ambiente”, detalla Manuel Diz, investigador do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais da UVigo.

Avances froito da colaboración

Os socios do proxecto coinciden á hora de sinalar que o traballo conxunto é fundamental á hora de consolidar os avances e neste sentido, Fernando Aguado incide en que “esta colaboración non só impulsou o desenvolvemento de novas tecnoloxías, senón que tamén permitiu un intercambio enriquecedor de coñecementos e experiencias”. Aguado lembra que con anterioridade a este proxecto, a UVigo xa colaborara con Renato Borges nos satélite CubeSat HumSat-D e Serpens, no ano 2013 e en AlfaCrux en 2022, con adestramentos para o equipo de Brasil.

Borges, membro do Departamento de Enxeñaría Eléctrica da Universidade de Brasília, participou este xoves, xunto ao docente e responsable do programa espacial de pequenos satélites da Norwegian University of Science and Tecnology (NTNU, Roger Birkeland, nun seminario organizado atlanTTic no que trasladaron, ao persoal investigador do centro, as súas experiencias e avances sobre a carreira espacial nas súas respectivas universidades. Roger que realiza este mes de abril unha estadía na UVigo, está a compartir as súas experiencias sobre os desenvolvementos actuais e futuros da NTNU, en especial sobre os avances nos sistemas de comunicación satelital e nas misións Hypso I e Hypso II, que foron claves no estudo dos fiordes noruegueses. Na Escola de Enxeñaría Aeroespacial protagonizou un seminario sobre a carreira espacial na NTNU, destacando os desenvolvementos actuais en comunicacións satelitais, incluíndo o futuro sistema GNSSR, que se prevé mellorará aínda máis a conectividade e precisión dos satélites.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El hombre más guapo de España está en Redondela, Guillermo Lago es el nuevo Mister España 2025
Enfoque

El hombre más guapo de España está en Redondela, Guillermo Lago es el nuevo Mister España 2025

...

PorCarlos I. Castrillón
26/10/2025
Vigo recuperará un enigmático “molino” con estanque y zonas verdes en un barrio que renace
Enfoque

Vigo recuperará un enigmático “molino” con estanque y zonas verdes en un barrio que renace

...

PorÁngel Vila
26/10/2025
Más de 1.400 personas llenan Bouzas de solidaridad en la Carrera por la Esclerosis Múltiple de Vigo
Enfoque

Más de 1.400 personas llenan Bouzas de solidaridad en la Carrera por la Esclerosis Múltiple de Vigo

...

PorCarlos I. Castrillón
26/10/2025
La muralla medieval que resurge con el proyecto de reforma de una plaza en Tui
Enfoque

La muralla medieval que resurge con el proyecto de reforma de una plaza en Tui

...

PorCarlos I. Castrillón
26/10/2025
A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú
Enfoque

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025

A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X