A presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV) e delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, informou hoxe dos asuntos abordados no Consello de Administración do organismo que preside e no que se acordou adquisición de tres novas parcelas por preto de medio millón de euros e cunha edificabilidade de 1.000 metros cadrados en conxunto.
Trátase dos solares situados na rúa Real 13 e Elduayen 39 e o edificio que ocupa o número 16 de Ferrería. A primeira delas permitirá recuperar un dos edificios de maior envergadura dos situados na que no seu día foi a arteria principal do primixenio Vigo. Actualmente só mantén en pé a fachada de pedra, unha das máis destacadas da zona baixa do barrio histórico. O Plan Especial de Protección e Reforma Integral (PEPRI) do Casco Vello de Vigo outórgalle un alto valor urbanístico.
En canto a Elduayen 39, é o segundo solar adquirido nesta rúa polo Consorcio tras a compra no 2018 do número 31. Dada a súa situación nunha das principais vías de conexión da cidade conta tamén cun alto valor urbanístico.
Pola súa banda, Ferrería 16 conta cun importante volume construído debido a diferente cota entre a fachada e parte traseira cara a Elduayen. Así, conta cunha planta baixa, tres superiores, un ático e tres sotos, se vén se encontra en moi mal estado de conservación.
Desde que en 2005, o Consorcio do Casco Vello adquiriu 79 inmobles. Destes, 53 xa están totalmente rehabilitados, 12 foron transferidos a outros organismos, 6 están en proceso de construción e en 8 non se iniciaron aínda as tarefas de rehabilitación. Estas actuacións suman 106 vivendas promovidas, das que 93 foron vendidas e o resto están en distinta fase de execución.
En canto aos locais comerciais, interveuse en 32 (6 están vendidos, 10 alugados e 16 baleiros). O investimento total desde a súa constitución supera os 45 millóns de euros.
Galicia tendrá dos nuevos platós de rodaje que se convertirán en los más grandes de España. Así es el proyecto que ya está en marcha
Continúa la lucha contra las llamas en Oia y Vilaboa. Medio Rural ha dado parte de la situación, tras una noche con numerosos desalojos
Los incendios forestales de Oia y Vilaboa han obligado a decretar la situación 2. Se han desalojado un camping y varias viviendas
El humo del incendio de Vilaboa ha llegado a Vigo tras cubrir toda la ría y hacen recordar los voraces incendios de 2017
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL